Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
O luns 23 de abril conmemoramos o día do Libro na Leoteca Bibliosoños agasallando libros e camelias.
O alumnado de educación primaria, durante o tempo do recreo, puido escoller entre unha escolma de libros.
Durante a semana da prensa traballamos cos xornais para coñecer as súas seccións. O alumnado fixo unha fotomontaxe coa súa cara nunha imaxe de xornalista.
Dende cada titoría redactouse unha sección de xornal para, entre todos, editar un exemplar especial: “The Sobreira Times” que queda exposto no corredor da entrada.
O venres, na “hora de ler” compartimos lecturas apadriñadas con prensa: xornais e revistas. Quen desfruta máis da experiencia, as madriñas e padriños? ou as pequenas e pequenos afillados?
Durante a semana da Poesía estiveron a compoñer
poemas. Houbo un concurso diario no que participou, masivamente, a aula de 5º EP. Cada día na corcheira da Leoteca aparecía unha palabra obrigatoria de incluír na creación. Esta palabra sempre foi un dos verbos do marcapáxinas “Amar o mar” que fora o agasallo do día das bibliotecas en outubro.
O venres, na “hora de ler” compartimos lecturas apadriñadas con poemas.
E xa que o 7 de maio teremos a visita do poeta Antonio García Teijeiro, cada titoría preparou un cartel para, entre todos, compoñer unha exposición afondando na súa biografía, obras e premios que quedan expostos no corredor da entrada.
(descarga aquí o tríptico da exposición)
Por último, para pechar este mes de letras, todo o alumnado e profesorado, reunímonos no salón de usos múltiples para compartir a lectura do libro: “Lili, ladrona de libros”. Ao rematar agasallouse ao alumnado cun marcapáxinas coa imaxe da lebre do conto, Lili, personalizado xa que inclúe unha copia do carné da biblioteca.