Durante este mes de novembro, cada semana, aparecerá un novo reto científico na corcheira da Leoteca Bibliosoños.
O alumnado poderá cubrir unha ficha coas súas hipóteses tratando de imaxinar que pasará ao realizar o experimento.
Na seguinte semana, despois de ler as distintas solucións aportadas, poderán comprobar se acontece o que esperaban e darase unha breve explicación científica para entender os resultados.
Anímate, únete a Leo León neste mes de descubrimentos científicos!!!
martes 14 => Educación Infantil
martes 21 => 1º, 2º e 3º Educ. Primaria
martes 28 => 4º, 5º e 6º Educ. Primaria