Estimados lectores e lectoras:
A partir de hoxe tendes á vosa disposición a mochila viaxeira deste curso 2017-18 para xogar en familia.
Quero dar as grazas ás vosas familias por permitir que esta Mochila Viaxeira chegue ao voso fogar. Esta é unha iniciativa da nosa “Leoteca Bibliosoños” para fomentar o gusto pola lectura.
Contamos coa vosa colaboración para que nesta aventura:
- Coidedes o material que vai na mochila.
- Deixedes os vosos comentarios, debuxos e creacións no caderno.
- Sexades puntuais coa data de entrega da mochila.
Moitas grazas!
O voso amigo,