Este martes 24 de outubro, Día da Biblioteca, desvelaremos o Proxecto Documental Integrado para este curso 2017-18
Nas últimas 5 semanas, cada xoves, foi aparecendo unha pista xunto ao personaxe da biblioteca “Don Preguntón”, para que o alumnado tentase adiviñar o PDI: “aMAR o mar”
No Día da Biblioteca, todos reunidos, estarán preparados 9 paneis para que un representante de cada titoría suba ao escenario recoller unha botella que terá unha mensaxe no interior.
As botellas abriranse facendo conta atrás, da nº9 ata a nº1 correspondéndose coa CDU xa que cada titoría investigará o tema “Amar o Mar” centrándose en distintos subapartados.
Antes de abrir cada botella proxectaremos imaxes correspondentes con ese apartado da CDU e que xa foran aparecendo nas pistas das semanas previas.
Despois de abertas as nove botellas e por tanto asignada investigación ás 9 titorías un biólogo da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) fará unha breve intervención, charla divulgativa.
Por último, ao xuntar os pergamiños das 8 primeiras botellas aparecerá a frase do PDI:A-M-A-R-O-M-A-R, e o pergamiño da última botella terá o modelo de marcapáxinas que todo o alumnado levará como agasallo deste Día da Biblioteca.