Preparamos un "stand", con libros elaborados por todo o alumnado, para participar no
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Celebraranse actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis no marco desta nova edición do Salón: "Canta bichería!"
Os animais serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!
Todos eles teñen cabida no noso Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016.
Unha vez máis, estades todos/as convidados/as.
Descarga o programa completo aquí.