ESTÁMONOS A INFORMATIZAR!
Pouquiño a pouco imos rexistrando os fondos da biblioteca no Programa Galego de Bibliotecas Escolares MEIGA.
Máis cedo que tarde poderemos facer os empréstitos por ordenador a través dun lector de códigos de barras e poderemos editar carnés.
As novas tecnoloxías abrennos todo un mundo de posibilidades!