Exposición da denominación de orixe das Rías Baixas: O viño do mar.

 O pasado martes 13 de xaneiro do 2015 os cursos de 5º e 6º de primaria saíron á unha exposición sobre a denominación de orixe Rías Baixas e presentáronnos de maneira gráfica cunhas fotos a elaboración do viño que se fai no sur de Galicia ao carón do mar.            

 vendimia 1.jpg

 Soupemos que a denominación de orixe é algo moi importante que non pode ter calqueira senon que son os expertos os que lle dan valor a viña e á clase de uva dependendo do seu lugar. Un caso moi curioso foi o pequeno terreo ao redor do pazo de Soutomaior que está incluído dentro da denominacion de orixe Rias Baixas.

Rias_Baixas_mapa_001.jpg

O cultivo do viño das Rías Baixas é funtamentalmente en parra pero tamén existe o sistema da ESPALDEIRA .

espaldeira.jpg

Unha vez feita a colleita cara finais de setembro, o viño estrúxase empregando estruxadoras e despalilladoras. Nesta foto podemos ver un lagar antigo que servía para estruxar cun torno o que tamén se facía en pequenas adegas familiares cos pes.

 Prensa e lagar.jpg

Na foto seguinte vemos os nosos rapaces e rapazas facendo o mosto coas mans no obradoiro do museo.

 mosto 1.jpg

O mosto logo sácase logo do estruxado ao lagar onde se separa o que pode quedar de bullo e o líquido que se filtra para poder facelo viño branco. O mosto da uva tinta pode quedar co bullo e o racimo máis tempo no proceso de maceración e fermentación para así darlle cor e sabor.

mosto 7.jpg

Os nosos rapaces e rapazas separaron o mosto do bullo por medio dun colador pero a función é a mesma xa que logo do mosto pasaríamos a facelo viño polo proceso de maceración en contacto co aire que o vai axudar a fermentar e cambiar o azucre en etanol por si mesmo ou axudado polas bacterias. 

estrujar 2.jpg

Finalmente os nosos alumnos e alumnas probaron o mosto e algúns tiveron unha sorprendente reacción xa que non pensaban que soupese tan rico. 

Rias Baixas_0.jpg

Exposición da denominación de orixe das Rías Baixas: O viño do mar.