DIVULGAMAR

 

Dende hoxe, xa non quermos ser bailarinas, futbolistas ou pilotos. Agora queremos ser... CIENTÍFICOS! RisaRisa

A iniciativa consiste en encontros científicos nos centros de ensinanza entre personal científico do CSIC en Galicia e o alumnado.

 

Nesta xornada desenvolvimos as actividades, por quendas, no recentemente acondicionado Laboratorio do cole e na sala de audiovisuais.

Luísa, a través do libro «La ola» (de Suzy Lee) presentounos o seu traballo de científica marina. Tamén fíxonos caer na conta de que ela non é a única científica que coñecemos…

Estivemos moi atentos e desfrutamos moito da súa clase. E deixounos tarefas! A nosa primeira tarefa como científicos será investigar a quen pertencía un esquelete que nos deixou.