Hoxe recibimos ao personal do CSIC participando no Exper-i-Ciencia CSIC 2013. Esta edición conta co apoio da Fundación Barrié a través da súa canle educaBarrié.
Estivemos moi atentos e desfrutamos moito da clase de Luísa. E deixounos tarefas! A nosa primeira tarefa como científicos será investigar quen era esta extraña criatura que nos deixou.
Despois de discutir en asamblea temos unha hipótese:
FOSIL DE OURIZO?
E a partir da páxina de "Divulgamar" verificamos que se trataba dun ourizo de arena, tamén chamado "Pataca de mar", con nome científico: Echinocardium cordatum. que, cando esta vivo ten como pelillos e é así...
(clicade en "Ler máis" ou no título desta nova para descubrir a foto)