Novembro 2018 - mes da Ciencia na Biblioteca

  Un ano máis, as consellerías de Cultura e Educación, xunto coa  Secretaría Xeral de Política Lingüística, convidan á celebración do mes de novembro como MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS.

- Durante o mes de novembro podedes achegarvos ao Rincón Fedello para enredar un anaco cos libros de Ciencia que seleccionamos nos caixóns.

- O alumnado poderá achegarse á mesa de experimentos durante os recreos  para participar nos retos científicos!!!

Os “leotecarios” entregarán unha cartilla para ir selando e completando durante todo o mes. Ao rematar novembro, se consegues completar 5 experimentos obterás a túa “certificación científica” e un premio!!!.

 

O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luís Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, integrante do grupo Divulgare, da mesma universidade, e ten frases lapidarias coma esta que moito lle agradecemos:  "Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler".  
 
 
Recomendamos a lectura pausada deste manifesto de Luís Navarro e lembramos algúns dos recursos dispoñibles para estimular o achegamento á ciencia en galego, en novembro e durante todo o ano, na biblioteca escolar. 

Busca un libro

OPAC (Online Public Access Catalog)

Recomendacións

Animación á Lectura

Voluntariado

Desiderata

 

Proxectos PDI

Formación de Usuarios


Catálogo

Videos da Leoteca


Enquisas

Noticias en Bibliosoños

Novas/Xornal/Radio