O segundo venres do mes de xuño levouse a cabo unha Acampada de Convivencia, no recinto escolar, para pais, mestras e rapaces, na que participaron un importante número de familias.
Nesta ocasión púxose un inchable por conta do Restaurante Moisés. Coa aportación de todos os asistentes tivemos unha cea común, houbo xogos e televisouse o partido da Selección Española.
Pola mañá a ANPA conviduou ao almorzo.
1ª acampada na Sobreira
Venres 27 de xuño 9,30h
Temos unha reunión coas novas familias de 4º de Educación Infantil (3 anos) na súa aula de titoría para concertar indicacións para o próximo comezo de curso.