Hoxe realizamos o simulacro de evacuación do Centro.
En 2 minutos 9 segundos alumnado e todo o personal abandonamos as instalacións co apoio loxístico e a rápida intervención do Grupo Operativo de Apoio (GOA) da policía Local de Vigo.
Unha vez finalizado o simulacro o alumnado de E. Infantil e Primaria tivo a oportunidade de ver o parque móvil e falar directamente con eles sobre a importancia do seu traballo.