Skip to Content

 

                           

Aulas activas

Fin de curso

O venres os nenos e nenas que asisten a diversas actividades extraescolares fixeron unhas exhibicións para todo o cole, e vaia exhibicións máis chulas!  Do mesmo xeito, os alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria recrearon as súas coreografías de acrosport, están feitos uns artistas! 

E ata aquí o curso 2023/2024, esperamos que pasedes un bo verán e agardámosvos o vindeiro curso con moitas ganas! 

 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Fin de curso

Graduación 6º E.Infanti

O xoves foi un día cheo de emocións, estes peques fánsenos maiores... remata unha etapa para dar comezo a outra, agora toca un pouco de desconexión pero á volta, a por Primaria campeóns! 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Graduación 6º EI

LGTBIQ+

O día 28 de xuño, celébrase o Día do Orgullo LGTBI, unha data de reivindicación dos dereitos das persoas lesbianas, gays, transexuales, bisexuales e intersexuales entre outras identidades.  Nós dende o centro celebrámolo o último día de clase, no festival de fin de curso con estas ás de cores.  

LGTBIQ+

Saída a Lugo

Os alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria foron ao cine ver a película "Amigo imaginario" e despois aproveitaron para comer no parque de Rosalía de Castro de Lugo e ver a cidade preparada para o Arde Lvcvs. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Saída Lugo

Saída a Marcelle

Este xoves o alumnado de E. Infantil fixo unha saída moi especial.  Visitaron Marcelle e viron moitos animais!

Álbum: CURSO 2023/24 -> Saída Marcelle EI

Lóxico- matemática 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos queremos mostrarvos como estivemos traballando estes últimos trimestres na nosa aula a lóxico- matemática a través dos nosos xogos. Deixámosvos unha pequena mostra no seguinte álbum. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Lóxico- matemática 6º Educación Infantil (fin)

Lectoescritura 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos queremos mostrarvos como estivemos traballando estes últimos trimestres na nosa aula a lectoescritura a través dos nosos xogos. Deixámosvos unha pequena mostra no seguinte álbum. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Lectoescritura 6º Educación Infantil (fin)

Proxecto Circo 6º Educación Infantil

Os nenos de cinco anos chegamos ao remate do noso proxecto sobre o circo.

Por fin logramos completar o circo da pallasa Tomasa e ser uns grandes expertos sobre os distintos artistas que conforman un circo.

Para ver todo o que aprendimos realizamos unha proba final na pantalla dixital sobre distintos xogos do circo.

Aquí tedes unha pequena mostra.

XOGADE

Álbum: CURSO 2023/24 -> XOGADE

Podcast

A rapazada de 6º de Primaria do CEIP San Xoán de Becerreá elaborou un podcast sobre o discurso do odio cara determinados colectivos. Eles e elas dannos unha serie de claves para intentar ter unha sociedade máis xusta e igualitaria, onde non existan palabras discriminatorias para ninguén independentemente da súa orixe, orientación sexual, etc.                                 

Podcast
Distribuir contido


by Dr. Radut