Skip to Content

Primaria Aulas activas

Proxecto Universo 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos chegamos ao remate do noso proxecto sobre o universo.

Nas últimas misións estivemos vendo outras curiosidades sobre o espazo (naves espaciais, astronautas, marcianos, ovnis, meteoritos, a NASA ...).

Para conseguir que Valentina voltara a súa casa tivemos que facer un scape room final e así conseguiriamos a última peza do mapa.

Se clicades no seguinte álbum poderedes ver un breve resumo dalgunhas actividades.

Álbum: CURSO 2023/24 -> Fin proxecto universo 6º EI

Semana da prensa

Para celebrar a Semana da Prensa, todos os alumnos do centro fixeron un Xornal mural con noticias creadas por eles mesmos. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Semana da prensa

Xornal dixital

O alumnado de 6º de Ed. Primaria para conmemorar o Día da Muller e a Semana da Prensa, elaborou o seu propio xornal dixital. 

Aquí o podedes consultar!

 

Xornal dixital

Proxecto O universo 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos estamos chegando ao remate do noso proxecto sobre o universo.

Estes días estivemos descubrindo o noso satélite, a lúa, e tamén os primeiros viaxes espaciais.

Descubrimos as fases da lúa facendo un taller moi especial que vos amosamos a continuación.

                                       

E tamén viaxamos ao espazo cos primeiros viaxes dos astronautas que o pisaron por primeira vez.

                                         

Xa estamos moi preto de traer de volta a Valentina ao planeta Terra. Conseguirémolo?

8M: Día Internacional da Muller

Álbum: CURSO 2023/24 -> Día da Muller

Obradoiro de maxia

O Concello de Becerreá xunto có Ministerio de Igualdade para celebrar o Día da Muller convidáronnos a disfrutar dun obradoiro de maxia dirixido ao alumnado de E. Infantiil, 1º,l 2º e 3º de Ed. Primaria. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> MAXIA

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro, o alumnado de 6º de Ed. Primaria, recitou algüns dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. 

 

Proxecto Universo 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos continuamos co noso proxecto sobre o universo e desta volta queremos amosarvos o que estivemos aprendendo sobre o sistema solar, concretamente sobre os planetas.

Para coñecelos comezamos por ver como xiran arredor do sol de dúas maneiras, a primeira a través dun taller de cociña e a segunda coa plastilina.

         

Ademais profundizamos un pouquiño mais en cada un deles coñecendo as características mais importantes de cada planeta levando a cabo varios experimentos.

E finalmente, conseguimos outra peza do mapa xogando co escornabot para comprobar as nosas aprendizaxes.

 

Veremos que aventuras nos deparan as próximas misións.

Ensalada de pasta

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron a súa propia ensalada de pasta seguindo a receita que lles propuxo a profe Carmen. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Ensalada de pasta
Distribuir contido


 

                           

by Dr. Radut