Skip to Content

Primaria Aulas activas

Podcast

A rapazada de 6º de Primaria do CEIP San Xoán de Becerreá elaborou un podcast sobre o discurso do odio cara determinados colectivos. Eles e elas dannos unha serie de claves para intentar ter unha sociedade máis xusta e igualitaria, onde non existan palabras discriminatorias para ninguén independentemente da súa orixe, orientación sexual, etc.                                 

Podcast

Familiarizándonos con EDIXGAL

Aproveitando os últimos días de curso, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria axudaron ao alumnado de 4º de Ed. Primaria a coñecer un pouquiño máis como será a nova ferramenta que empregarán o vindeiro curso escolar, EDIXGAL. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> EDIXGAL

Día Mundial dos océanos e do medio ambiente

Para conmemorar este día, ademais do traballo de aula e a charla de SOGAMA,  o alumnado de 2º e 4º de Ed. Primaria amosounos como están medrando as plantas que teñen nas súas aulas.  Tamén os máis peques do cole tiveron vermes de seda.   Mirade como medraron!

Álbum: CURSO 2023/24 -> Medioambiente

SOGAMA

O alumnado de 1º a 3º de Ed. Primaria recibiu unha charla informativa para a concienciación medioambiental. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> SOGAMA+

Saída 6º Ed. Primaria

O alumnado de 6º de Ed. Primaria desfrutou dunha saída a A Coruña.  Mirade que ben o pasaron..

Álbum: CURSO 2023/24 -> Saída 6º

Novas Rutinas na aula de 6º de Educación Infantil

Os nenos de cinco anos durante estes últimos trimestres estivemos practicando algunhas das nosas rutinas de forma dixital.

Podedes ver unha pequena mostra neste colaxe.

Saída a Monforte

O alumnado de 4º e 5º desfrutou dunha xornada por Monforte de Lemos, visitaron o Museo do ferrocarril e coñeceron un pouquiño máis esa vila e os seus parques. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Saída 4º e 5º

Saída E. Infantil

O alumnado de Ed. Infantil fixeron unha saída ao bosque máxico, non fai falla dicir moito máis vendo estas fotos tan chulas! 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Saída E. Infantil

Dinosauros

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil seguen a investigar sobre os dinosauros, desta volta tocou ver as súas pegadas

Álbum: CURSO 2023/24 -> Dinosaurios 2

A galiña de Mos vai á escola!

Que ilusión! Ao longo deste mes de maio fomos vendo día a día como foi o proceso para que naceran os nosos pitiños.  Todo isto foi posíbel grazas a Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos (AVIMOS), en colaboración coa Deputación de Lugo. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Pitiños
Distribuir contido


 

                           

by Dr. Radut