Skip to Content

Primaria Aulas activas

O SAMAÍN

Esta semana está adicada ao Samaín. Comezamos cunhas merendas terroríficas!

Álbum: CURSO 2023/24 -> SAMAÍN

Obradoiro "O meu horto escolar"

A ANPA promociona este obradoiro de ADEGA, o alumnado de 2º e 3º disfrutou coas actividades plantexadas.

Presentación para a Prevención da Discriminación por Motivo da Idade

O venres, 20 de outubro, ás 11 da mañá,  asistiremos á "Presentación para a Prevención da Discriminación por Motivo da Idade" , dirixida ao  alumnado do segundo e terceiro ciclo da educación Primaria no noso salón de actos.

Carreira contra a Leucemia Infantil

O día 20 de outubro ás doce e cuarto, celebraremos a Carreira contra a Leucemia Infantil.

Este centro móvese contra a Leucemia Infantil!!!

A vosa meta é a nosa meta!

Carreira contra a Leucemia Infantil

O día 20 de outurbro ás doce e cuarto, celebraremos a Carreira contra a Leucemia Infantil.

Este centro móvese contra a Leucemia Infantil!!!

A vosa meta é a nosa meta!

Carreira contra a Leucemia Infantil

O día 20 de outurbro ás doce e cuarto, celebraremos a Carreira contra a Leucemia Infantil.

Este centro móvese contra a Leucemia Infantil!!!

A vosa meta é a nosa meta!

Proxecto Prehistoria 6º Educación Infantil

Os nenos de cinco anos continuamos inmersos no noso proxecto da prehistoria e gustaríanos amosarvos o artistas que son as nosas familias que nos axudan a facer estas marabillas. Mirade!!!


Moitísimas grazas pola vosa implicación.

Despois de ensinarvos esta obra de arte imos deixarvos unha mestura de actividades coas que estamos xogando estes días na aula e que están relacionadas co noso proxecto. Esperamos que vos gusten tanto coma nós.

 

Comezamos! Proxecto Prehistoria 6º Educación Infantil.

Os nenos de 5 anos comezamos o derradeiro curso da etapa de educación infantil cun novo proxecto sobre a prehistoria. Estamos moi ilusionados con esta nova aventura e con desfrutar ao máximo deste último curso.

O monstro das cores deixounos algunha cousiña para comezar esta nova andanza.

Ademais, xa puidemos descubrir algúns xogos que nos van aportando as nosas familias e que nos axudarán a aprender moitas cousas neste primeiro trimestre.

Moitas grazas a todas elas.


Seguirémosvos informando da nosa aventura.

 

Traballos 6º

Os alumnos de 6º de Ed. Primaria fixeron estes traballos que están expostos no centro, podedes ver que xeitosos quedaron! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Traballos 6º
Distribuir contido


 

                           

by Dr. Radut