Saltar navegación.
Inicio

Blogues

ÁRBORE DOS PAREADOS!

 

Achégase a primavera e as árbores comezan a botar folla. No noso cole naceu unha árbore con unhas follas moi especiais!

Preme no seguinte enlace ou escanea o código QR para vela:

 

https://www.thinglink.com/scene/1293955817875177474

 Códiogo QR

 

  •  Actividade relacionada co noso proxecto de centro: Coidemos o noso planeta.

 

 

 

LISTAXE DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2020/2021.

HOMENAXE: DÍA DE ROSALÍA - DÍA DA MULLER

ACTUACIÓN DE IRMA MACÍAS E XAQUÍN RAMA

O Día 4 de Marzo, con motivo da celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) e do Día da Muller (8 de marzo), tivemos o pracer de gozar da actuación de Irma Macías e Xaquín Rama , antiga alumna do colexio e vocalista de Luar na Lubre. Deleitáronnos con cancións populares galegas e letras de Rosalia de Castro. Irma é un gran exemplo de muller que logra os seus soños a base de constancia para perseguilos.

Un orgullo poder contar cos dous artistas neste centro!

 

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

No CEIP San Vicenzo homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día. O alumnado de 3º organizou un Recital de Poesía para as súas familias e os seus compañeiros/as do centro. A continuación umha pequena mostra do resultado:

 

 

 

 

ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro de 2020 celebramos o noso desfile de entroido.Este ano a temática estivo relacionada co proxecto de centro baixo o lema "Coidemos o noso planeta". A continuación móstrase un pequeno resumo do ben que o pasamos. Esperamos que vos guste!

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021.

Do 1 ao 23 de  marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión de novos alumnos/as no CEIP Plurilingüe San Vicenzo para o curso 2020/21.

Os impresos de solicitude de praza escolar serán os correspondentes aos anexos da Orde do 12 de marzo de 2013.

Métodos de presentación de solicitudes:

  • Recoller a solicitude no centro ou descargala na aplicación admisiónalumnado, imprimir, cubrir e presentala no centro educativo ( anexo ll ED550B) (www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
  • Presentar a solicitude no centro creada a través da aplicación.
  • Presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación.

Presentar especial atención aos datos persoais así como DNI ou NIE achegados ou xénero. Tamén se desexa ou non os servizos de comedor e/ou transporte escolar ofertados polo centro. Poden ver as instruccións na mesma aplicación ou no taboleiro de anuncios do centro.

A listaxe provisional de admitidos e non admitidos publicarase no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web antes do 25 de abril e a definitiva antes do 15 de maio.

RESERVA DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Publicada, dende o día 18 de febreiro de 2020,no taboleiro do centro a listaxe de alumnos/as de centros adcritos con solicitudes de reserva de praza.

VACACIÓN DE ENTROIDO

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo informámolós de que as clases, despois das vacacións de Entroido, se reanudarán o vindeiro xoves 27 de febreiro.

CONTACONTOS NO MES DE FEBREIRO

 

 

 

LECTURAS PARA OS MÁIS PEQUENOS MES DE XANEIRO

 

  

  

CARREIRA SAVE THE CHILDREN

Con motivo da celebración do Dia da Paz organizamos,como outros anos, a carreira solidaria de Save the Children. Este ano o colexio recadou 772,20€ que foron ingresados como donativo.Gracias a todas as familias pola súa colaboración nas achegas!

 

Distribuir contido