Saltar navegación.
Inicio

Blogues

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2020/2021

Publicada  a listaxe de Libros de Texto e material didáctico impreso para o vindeiro Curso 2020/2021.

Podédela ver no colexio e tamén no seguinte arquivo adxunto.

ADMISIÓN ALUMNADO. Curso 2020/2021

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2020/2021.

Vimianzo, 12 de xuño de 2020.

Secretaria

RECOLLIDA E ENTREGA DE MATERIAIS E LIBROS

Estimada famimilas,

Como sabedes xa estamos na Fase 2, polo que o goberno xa autoriza a presenza do profesorado no centro e permite a recollida e entrega de material escolar e libros por parte das familias. Ata o momento non estábamos autorizados.

Co fin de que podan vir entregar e recoller os materiais e libros dos seus fillos/as evitando aglomeracións e respetando as medidas hixiénicas recomendadas, a organización establecida é a seguinte:

  • Días 1-2 de xuño: Infantil
  • Días 4-5 de xuño: 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Días 10-11-12: 3º,4º,5º,6º de Educación Primaria.

Cada familia será citada polos titores para unha hora concreta nos días establecidos, para que podan acudir por quendas. Deben traer bolsa para a recollida dos materiais e, aquelas persoas que dispoñan na súa casa dos libros de Fondo Libros, deben devolvelos para poder acceder ás axudas correspondentes no vindeiro curso. Rogamos que veñan con mascarillas e guantes para manter as medidas de seguridade necesarias.

RULETA DE PALABRAS - ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria utilizou unha forma orixinal e motivadora de aprender e repasar os contidos de distintas materias.

Anímaste a ver canto sabes ti? Pincha nas imaxes e ponte a proba!!

 

           

 

 

           

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 - ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 4º de primaria tamén fixeron os seus traballiños de investigacion sobre Ricardo Carvalho Calero,autor conmemorado nas Letras Galegas 2020. Botádelle un ollo ao ben que o fixeron pinchando na imaxe!!

RULETA DE PALABRAS "LETRAS GALEGAS 2020"

 

 As Letras Galegas 2020 están adicadas a Ricardo Carvalho Calero.  Divírtete demostrando canto sabes do autor!

 

RULETA DE PALABRAS: RICARDO CARVALHO CALERO (dificultade medio-alta)

Letras Galegas 2020

(pincha na ruleta)

 

Elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

RULETA DE PALABRAS: RICARDO CARVALHO CALER (dificultade medio-baixa)

Letras Galegas 2020

(pincha na ruleta)

 Elaborada polo Eqipo de  Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Educación Infantil

 

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.

  • Formas de presentación:

Os cidadáns poderán acceder á solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  1. Presentación no centro: Neste caso imprimirá a solicitude e o anexo ll e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación ( A solicitude terá asignado un número pola aplicación).
  2. Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

No caso das persoas que precisen recoller as solicitudes en formato en papel poden acudir ao centro respectando o seguinte orde na medida do posible, tendo en conta as medidas de seguridades requeridas na situación actual:

Plazos:

  • Familias de 6º de Educación Infantil e 1º de primaria: Venres 22 de maio.
  • Familias de 2º e 3º de primaria: Luns 25 de maio.
  • Familias de 4º e 5º de primaria: Martes 26 de maio.

Para a entrega da documentación, unha vez cumplimentada, establécense os seguintes plazos:

 

  • Familias de 6º de Educación Infantil e 1º de primaria: 1,2,e 3 de Xuño.
  • Familias de 2º e 3º de primaria: 4,5 e 8 de Xuño.
  • Familias de 4º e 5º de primaria: 9,10 e 11 de Xuño.

Horario de entrega: 11:00 h a 13:00h.

As persoas que non poidan acudir nas datas sinaladas deben intentar ter entregada a documentación antes do 16 de Xuño, por organización administrativa no centro.

IMPORTANTE: O alumnado beneficiario de axudas no curso 2019/20 terá a obriga de devolver os libros ao centro para poder acceder a esta axuda. O alumnado de 1º e 2º no ten que devolver os libros. Nuns días publicaranse os prazos establecidos para a recollida e entrega de libros e materiais para cada curso, unha vez entremos na FASE 2 tal e como esixe a lexislación vixente.

 

 

SOMOS CREATIVOS!- Educación Infantil

Os nenos, nenas e mestras de Educación Infantil divertímosnos deixando voar a nosa imaxinación para representar cadros famosos.

Aquí tedes o resultado!

 

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS 3º AVALIACIÓN CURSO 2019-2020

Atendendo ás Instrucións do 27 de Abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento d 3º trimestre do curso académico 2019-2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, apartado 6.13, a continuación poden acceder ás respectivas Adaptacións das Programacións Didácticas correspondentes á 3ª Avaliación elaboradas polos respectivos mestres:

 

* Para poder visualizar os archivos adxuntos debe pinchar arriba no título desta publicación e entrar nela.

 

INVESTIGAMOS O NOSO CONCELLO!- ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

As amigas e amigos de 3º están investigando sobre diferentes aspectos do noso concello. Un deses apartados son os monumentos e lugares de interese. Carmen e Jonathan fixeron a súa propia investigación e presentaron a información recollida nun vídeo. Mirade cantas cousas nos contan sobre o CASTELO e OS BATÁNS DO MOSQUETÍN!

Distribuir contido