Skip to Content

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Por este motivo, tivemos unha invitada moi especial: unha bombeira forestal!

Grazas Leti por vir e contarnos o importante que é o teu traballo e por visibilizar a presenza de mulleres nel! Aprendimos moito de ti!

Álbum: Curso 22-23 -> 8M Día Internacional da Muller

CONVIVENCIA DEPORTIVA CO CEIP CABANAS

Xornada de convivencia deportiva cos nenos e nenas de 4º EP do CEIP Cabanas que se achegaron ao noso cole para practicar: bádminton, floorball, kickball e pelota canadiense. Compartimos unha xornada moi especial practicando deportes e disfrutando da convivencia.

Álbum: Curso 22-23 -> Convivencia CEIP Cabanas

NOVA VIDA NO COLE DE XEVE.

Despois de 21 días agardando e observando, un dos nosos ovos eclosionou.

Así foi como naceu o noso pitiño!

 

QUÉN VIVE AÍ?

O programa Revitaliza achegounos a coñecer aos bechos que viven no noso composteiro. Os nenos e nenas de 3ºEP buscamos, apartamos con moito coidado e observamos aos distintos insectos que conviven no composteiro do noso cole, coñecendo un pouco máis sobre as súas características e a súa importancia no noso ecosistema. Foi moi interesante.

NAUTILUS

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o teatro para ver a obra "Nautilus", unha adaptación da obra de Julio Verme. A pesar de transcorrer toda a obra dentro dunha peceira, foi moi interesasnte, relacionado co proxecto de centro sobre a auga e a prevención da súa contaminación.

 

VISITA DE INFANTIL AO MUSEO DO MAR!

O pasado 9 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil visitaba o Museo do Mar en Vigo. Ademais de gozar das actividades propostas polo museo, desfrutaron dunha xornada de convivencia conxunta con merendola e tempo de lecer... Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron!


ENTROIDO

Comezou o entroido! Despois de cumprir os mandatos do meco (Larapeto) vimos disfrazados a escola relacionado co proxecto deste ano, a auga. Había moita variedade de disfraces cada cal máis orixinal e divertido. Desfilamos, fixemos os bailes e desfrutamos das larpeiradas típicas do entroido coas familias. Foi un día marabilloso.

Álbum: Curso 22-23 -> Entroido

VIAXE Á PREHISTORIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria visitaron o museo de Pontevedra para facer unha viaxe ao pasado. A través de xogos e actividades aprenderon un montón de cousas sobre a prehistoria. Tiveron tempo para facer as súas propias ferramentas coas mans e despois desfrutaron dun tempo libre na Alameda de Pontevedra.

Álbum: Curso 22-23 -> Visita museo 1º e 2º

TEATRO ABANCA: WHAT MONSTER?

O pasado luns, o alumnado de 5º e 6º de primaria, tivemos a sorte de asistir á obra de teatro en inglés "What monster?". 

Foi unha experiencia moi enriquecedora onde incluso tivemos algunha participación estelar.

Podedes ver a noticia tamén no xornal PontevedraViva picando aquí.

 

FACER FRONTE AS RABECHAS

As rabechas son un comportamento normal no desenvolvemento, sempre e cando non se manteñan no tempo. Son máis frecuentes e intensas nalgúns nenos e nenas que noutros e empeoran cando están cansos, con fame ou con bastante malestar.
Dende o departamento de orientación quixemos abordar este tema ofrecendo ás familias uns consellos para poder facer fronte a éstas situacións, que si non se abordan convintemente, poden supoñer unha inseguridade para os nenos e nenas, xa que necesitan ter límites que lle dean seguridade, ao mesmo tempo que necesitan aprender a facer fronte á frustración.


Podedes botarlle unha ollada facendo click aquí ou na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut