Skip to Content

EXCURSIÓN Á CASA DO PATRÓN 2024

Para terminar este curso fixemos unha saída coa rapazada de 3º,4º,5º e 6º á casa do Patrón a Lalín. Esperamos que desfrutedes vendo o ben que o pasamos e moito que aprendemos da nosa cultura galega.

FESTIVAL DE INFANTIL E DESPEDIDA DE 6ºEI

O pasado 16 de xuño, @s pequeniñ@s do cole nos deleitaron cunhas bonitas actuacións. Tamén aproveitamos para despedir ao alumnado de 6º de EI que remata esta fermosa etapa acompañados da marabillosa profe Sandra. 

Aquí tendes unha pequena mostra:

Álbum: Curso 23-24 -> Actuacións de Infantil e despedida de 6ºEI

CLAUSURA PROXECTO XEVEOLÍMPIC@S.

Desta forma tan divertida damos por clausurado o proxecto deste ano sobre as olimpiadas.

 

EXCURSIÓN Á CASA DO PATRÓN EDUCACIÓN INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA.

Para rematar o curso fixemos unha excurión á "Casa do Patrón" a Lalín onde afondamos na nosa cultura galega.

 

SAÍDA A COÑECER A NOSA CONTORNA.

O pasado xoves unhas mamás do noso cole viñeron a contarnos un conto que inventou unha delas e  logo saímos a coñecer a contorna co alumnado de 1º e  3º de primaria. Aprendemos sobre prantas e bichiños, merendamos á sombriña e exploramos as pontes do río Fontáns (afluente do río Lérez), tamén de muíños e o lavadoiro do paseo fluvial de Gatomorto (Santa María de Xeve). Foi unha saída moi bonita e queremos agradecerllo ás mamás Tareixa, Eva e Estela. 

Álbum: Curso 23-24 -> Saída pola contorna!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN!

Dende a biblio Larapeto quere aconsellarvos e propoñervos algunhas grandes aventuras e historias que vos van gustar seguro. Este verán animádevos a seguir lendo e a xogando coma sempre.

Álbum: Curso 23-24 -> Recomendacións lectoras 2023-2024

PIRAGÜISMO NO PONTILLÓN DO CASTRO

O pasado 10 de xuño o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria tivemos a sorte de facer unha xornada de piragüismo no Pontillón do Castro a cargo do Club de piragüismo Verducido-Pontillón.

Foi unha actividade súper divertida e refrescante!

 

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo non Pontillón do Castro

BAILE CON ADRIÁN ESPERÓN DE PONTEBAILE. 3º E 4º E.P.

O mércores 29 de maio o alumnado dos cursos de 3º e 4º de primaria tiveron a visita de Adrián Esperón da escola de baile PonteBaile de Pontevedra.
Aprenderon varios pasos e a puntuar unha competición.

 

Piragüismo en Dragóns na praia fluvial do Lérez 5º EP

O martes 28 de maio o alumnado de 5º de primaria achegouse ata a praia fluvial do Lérez para unha actividade de piragüismo en Dragóns e xogos na praia.
Compartimos está xornada cos colexios de Lérez, Campañó, Cabanas, Chancelas, Froebel e San José de Pontevedra.
A parte de Dragóns estivo a cargo do Club de Piragüismo Cidade de Pontevedra.
Tiveron un día estupendo.

Álbum: Curso 23-24 -> Piragüismo en Dragóns na praia fluvial do Lérez 5º EP
Distribuir contido


by Dr. Radut