Skip to Content

Boooooooooo!!!!!! O noso Larapeto case sofre un infarto de medo!!!

Boas!!!! A Larapeto case lle da un infarto estas semanas pasadas con tantas pantasmas, mortos, meigas, morcegos, ratos, arañas xigantes, vampiros sanguentos...Pobriño, todos estes seres habitaron a súa casa dun día para outro.Ante tal novidade, nas nosas aulas recibimos unha LARAPETADA TENEBROSA, é dicir, un programa para celebrar o SAMAÍN ou HALLOWEEN. Aquí tedes todos estes seres vivos e non tan vivos e o programa de Samaín que argallou o noso Larapetiño.



En canto ao  CONCURSO DE CABAZAS, Larapeto e os mestr@s do centro queremos darvos o agradacemento polas vosas fantásticas cabazas. Atoparedelas no video e a continuación, mostrámosvos das gañadoras.
 

En segundo lugar, Larapeto mandou uns pequenos mensaxeiros ás aulas de Educación infantil e de 1º,2º e 3º  de Educación Primaria para ler uns contos de medo. Mirade, mirade que bos lectores!

       

En terceiro lugar, tamén se escribiron unha serie de relatos curtos tenebrosos nas aulas de Educación Primaria ambientadas no mar e nos faros. De todos os relatos houbo tres gañadores por aula, aquí os tedes! Ah!, e en Infantil debuxos.

E para ir rematando,Larapeto disfrazou a todo o colexio incluídos profes e conserxe creando un selfie terrorífico. Mira que argalla este!

 

E como non, Larapeto con tanto medo morría coa fame!Ante tal situación, os nenos de Infantil decidiron elaborarlle un catering fantasmal saudable con pasarela de moda pantasmal incluida. Ummmmmmmmmmmmmmmmm, que rico estaba todo!

                  

 

                        

Comentarios

AS CABAZAS

Como molan esas cabazas 

Lucia de 4º

 



blog | by Dr. Radut