Skip to Content

Blogues

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Neste mes de maio conmemoramos o día das Letras Galegas sendo este ano homenaxeado o pontevedrés Antón Fraguas.

Nas aulas traballamos sobre a súa biografía, os seus libros e publicacións e quixemos investigar un pouquiño sobre o folclore galego como o autor.

E tamén nas clases de plástica fixemos algún que outro retrato de Antón Fraguas Fraguas.

Esperamos que vos guste!!!

FINAL DE ATLETISMO

O día 28 de maio, os nenos de 5ºA competimos con outros coles de primaria na final de atletismo en pista no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, nas modalidades  de: lanzamento de peso, lanzamento de vórtex, salto de lonxitude, 60 m lisos, 500m lisos e relevos 4x60m lisos.

Disfrutamos moito desta experiencia.

Aquí deixámosvos algunhas fotiños


XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

O martes 21 de maio, no cole innaguramos a semana con xogos tradicionais nunha xornada de portas abertas pola tarde, onde as familias, puideron desfrutar destes xogos cos seus nenos e tamén cos mestres.

Foi unha experiencia moi positiva tanto o día que xogamos en familia como o resto da semana que tivemos xogos durante o recreo e nas clases de E.F.

Grazas ao  Concello do Grove por emprestarnos estes xogos dos que tanto aprendemos.

 



IV Xornada Multideportiva Adaptada

No mes de maio, o alumnado de 4º e 5º da Educación Primaria acudiu a IV Xornada Multideportiva Adaptada organizada pola Asociación Amizade a favor da inclusión.

 

 

Na xornada, ofrecéuselle aos nen@s a posibilidade de probar unha selección de deportes adaptados e coñecer os materiais que se empregan, para sensibilizar sobre a necesidade de normalizar a vida das persoas con discapacidade.

 

 

A continuación, podedes observar como desfrutaron os nenos practicando os deportes que a asociación nos ofreceu (boccia, baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, ciclismo...).Tamén podedes ver imaxes do  nos  periódicos dixitais:

 

https://pontevedraviva.com/deportes/54953/montero-rios-vistese-cuarto-ano-pista-deportiva-adaptada/?lang=es

 

https://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/sociedad/2019-05-24-160319-deporte-adaptado-para-todos-amizade-pontevedra.html

 

 

RECORDADE: TODAS AS PERSOAS, TEÑAN DISCAPACIDADE OU NON, PODEN PRACTICAR DIFERENTES DEPORTES.

 

 


    Deporte

ACEPTA O RETO DO PLANETA: "LO SIENTO"

O alumnado de EI e 4º da EP durante o curso realizou un traballo colaborativo para promover a educación ambiental e protexer o medio ambiente/mar. Este proxecto consistiu na realización dun video musical fotográfico acompañado dunha canción creada polos propios alumnos coa instrumental de Beret "Lo siento". Mirade con que bos cantantes e compoñedores contamos no CEIP Santo André de Xeve. 

 

 

Lo siento

Familias contadoras

Seguindo cos pais e nais contadores de historias, tivemos a visita de David, o pai de Valeria de 5º de E.I., quen nos contou a historia da "Ratiña Presumida", un clásico que os mantivo atentos de principio a fin!

Non tedes máis que ver as súas cariñas nas fotos!

Moitas grazas, David! Esperamos verte pronto!

 

Familias contadoras

Seguimos recibindo a visita de novas familias contadoras! Nesta ocasión acompañounos Felisa, a nai de Andrea de 4º de E.I.

Escoitamos con moita atención a historia de "Rosa Caramelo" de Adela Turín, que nos fala de igualdade e de valentía. Moitas grazas por esta fermosa mensaxe! Esperamos que volvas pronto!

 

VISITA DA INSPECTORA DE SEGURIDADE MARÍTIMA DA CAPITANÍA DE VILAGARCÍA

O mércores 22 de maio, tivemos a gran sorte de contar os nenos/as de 5ºA e 6º coa presenza de Eva Casal Ruibal, inspectora de seguridade marítima da capitanía de Vilagarcia. 

Esta veciña de Xeve falounos da súa nenez, da súa interesante traxectoria académica e profesional.

Ademais fíxonos ver como calquera pode acadar os seus soños cando se esforza realmente por conseguilo.

Moitas grazas Eva por compartir con nós a túa experiencia.

 

 

DEPOEMPRENDE "MERCADO VIGO"

O martes 21 de maio celebrouse en Vigo a clausura do Proxecto DEPOEMPRENDE, no que os alumnos/as de 5º e 6º participamos coa nosa cooperativa EVEX. Alí acudimos xunto cos outros colexios participantes no proxecto. Montamos o posto na rúa Príncipe e vendemos os produtos que nós mesmos elaboramos ao longo do curso. Representantes da Deputación de pontevedra entregáronnos un diploma acreditativo en recoñecemento do noso esforzo. Foi un traballo duro, pero moi gratificante.

Xa podemos decir que somos EMPRENDEDORES!!!

 



Preme aquí  se queres ver a noticia na páxina da deputación e algunhas fotos máis do acto.
 

Correlingua 2019

O 16 de maio, víspera da conmemoración das Letras Galegas, os nenos e nenas de 3º participamos xunto a outros centros da comarca no Correlingua celebrado na cidade de Pontevedra.

 

Distribuir contido


Ponte a Zero

by Dr. Radut