Skip to Content

Blogues

Bibliocarriño

Larapeto sorprendeunos coa estrea do BIBLIOCARRIÑO, un carro chulísimo cargado de lecturas para o recreo. As nosas intrépidas Patrulleiras son as encargadas de levalo ao patio e atraer aos lectores e ás lectoras.

Día das Bibliotecas Escolares

Empezamos o novo curso lector dándolle unha nova vida a libros vellos na nosa Biblioteca. Como??? O día das Bibliotecas Escolares montamos un mercadillo de ocasión cos libros que, aínda que vellos, merecían unha segunda oportunidade. Co diñeiro recaudado poidemos mercar catro novos exemplares estupendos para renovar a nosa Biblio.

 

Concurso Samaín 2019/2020

Un ano máis as cabazas tinguen os nosos corredores de laranxa, esa cor amigable que a finais de outubro convértese en tenebrosa, de medo, chea de misterio.

O noso alumnado, seguindo a liña de traballo ecolóxica do cole, decoraron as súas cabazas con materiais reciclados. 

Para tentar premiar o seu esforzo e dedicación este ano houbo varias categorías de premios. Estos son os gañadores:

  • Cabaza máis terrorífica: “Gorra amarela”, Roque (5º EI) e Pedro (1º EP).
  • Cabaza máis orixinal: “Patrulla Eco”, Gabriel (4º EI).
  • Cabaza máis traballada: Román (1º EP).
  • Cabaza máis enxebre: “A bruxa defensora do bosque”, Ainhoa (2º EP).
  • Cabaza máis simpática: “A patrulla forestal”, Julia (2º EP) e Martín (4º EI).
  • Cabaza máis revolucionaria: “Cabaza Revolution”, Anxo (5º EP) e Xoel (1º EP).
  • Cabaza co deseño máis ecolóxico: Alex (5º EI) e Iker (5º EP).

 

Recollemos o C.I.F. das nosas cooperativas

Un gran poder conleva unha gran responsabilidade, e unha gran cooperativa conleva unha gran presentación.

 

É por iso que visitamos a sede da Deputación de Pontevedra para presentar as nosas cooperativas ante algún cargo político e outros centros.  Nese momento as nosas coñecidas foron recoñecidas legalmente ao entregarnos o C.I.F. (código de identificación fiscal).

 

Fotos: Diario de Pontevedra

 

 

 

 

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 12 de novembro viñeron a visitarnos os nosos amigos do centro AMENCER, con motivo da celebración do día da discapacidade do 3 de decembro, e compartiron con nós as situacións de vida que lles tocou vivir.

Fixéronnos ver que calquera pode sufrir unha discapacidade por un accidente, unha enfermidade ou de nacemento polo que o noso papel é o de aceptalo e normalizalo, xa que un neno ou un adulto con discapacidade ao igual que os demais, tan só buscan sentirse integrados.

Agradecerlles que nos contaran as súas vivencias que de seguro nós nunca esqueceremos.

Concurso Ecomascota

ECO-MASCOTA

 

Ola a todos/as!!!!

Xa temos a nosa Eco-mascota que acompañará a Larapeto nas aventuras ecolóxicas que nos agardarán durante este curso. A mascota gañadora foi “Porco Tapón” deseñada e elaborada por Mario (4º de EI), Javier (3º EP) e Paula (4º EP).

Moitíiiiiisimas  grazas a todas as familias pola vosa  participación e implicación na elaboración das estupendas mascotas presentadas.

 

Visita a Salcedo!

Os cursos de 3º e 4º visitamos os petróglifos de Salcedo. Tivemos a sorte de contar cun experto na materia como é o arqueólogo Rafael Quintía  que nos ensinou o gran número de petróglifos que hai nesa zona. Tamén contounos lendas sobre as mouras que trataban de explicar estas curiosas marcas nas rochas. Despois  visitamos un poboado neolítico que simulaba a perfección como vivían fai tantos e tantos anos. Foi unha experiencia moi interesante. 

 

Día Internacional da Alimentación Saudable!

O  16 de outubro conmemorouse no centro o Día Internacional da Alimentación Saudable a través da análise de etiquetas dunha serie de produtos. Esta actividade realizaouse en cada unha das aulas para rematar expoñendo nun panel a etiqueta e o azucre que contiña cada produto. 

Mirade amigos/as canto azucre  consumimos. Hai que ter coidadiño para levar unha alimentación saudable!

        

Visita á base dos bombeiros forestais de “O Campiño”

As expectativas con esta saída estaban moi altas, e a verdade, cumpríronse con creces. Aínda que xa coñeciamos regras básicas como que non debemos facer un grellada no monte, descoñeciamos outra serie de cousas importantes. Os bombeiros forestais da base de “O Campiño” ensináronnos que se nalgún caso nos vemos no medio dun incendio debemos movernos monte abaixo; que sempre debemos deixar o monte limpo para non producir lumes; que debemos informar nas nosas casas de todo o aprendido e mesmo nos ensinaron imaxes deles en acción.

 

 Ademais de todas estas cuestións teóricas, experimentamos como debemos apagar un lume coa mangueira (a auga debe dirixirse cara a base do lume) e como nos podemos protexer da calor do lume facendo unha cortina de auga coa mangueira. É espectacular!

 

 O prato forte da saída foi a visita ao heliporto. Alí estaba, o gran helicóptero que utilizan os bombeiros para apagar as lamas. Explicaron un milleiro de cousas interesantes: que viaxan aos incendios en helicóptero, as ferramentas que levan consigo e como se deben utilizar, e mesmo vimos a bolsa de auga que colga do helicóptero. O máis incrible foi que puidemos montar nel e poñer os cascos que utilizan os bombeiros para minimizar o ruído.

 

 

 

Distribuir contido


Ponte a Zero

by Dr. Radut