Podedes ver aquí o programa da Semana Cultural que se leva a cabo esta semana no colexio, dende o día de hoxe ata o venres 14 de maio con actividades varias.
A madrugada do 14 de xaneiro sorpredeunos a todos un forte temporal que deixou destrozos no noso colexio. O pavillón de deportes sufriu serios danos e ocasionou varios desperfectos, caeu unha árbore que impedía o paso, había tellas caídas e obstruíndo os canalóns... A verdade é que o panorama era desolador.