Skip to Content

ALMORZOS SAUDABLES EN CABO DE CRUZ



A semana do 23 ao 26 de abril foi a semana dos almorzos saudables. Non é a primeira vez que se leva a cabo esta actividade no centro. O obxectivo é concienciar aos nenos e nenas da importancia que ten esta primeira comida do día. É fundamental dedicarlle tempo suficiente e inxerir alimentos adecuados. Neste caso adicamos a primeira sesión do día a almorzar e houbo variedade de viandas: froita (mazás, peras, kiwis, laranxas e plátanos), torradas variadas (con aceite de oliva, marmelada ou queixo), zumes, leite con chocolate ou cereais... A acitivade foi un éxito. Agora só esperamos que haxa unha continuidade nas casas e que se siga levando a cabo.

 

Na galería (parte superior da páxina á dereita) podedes ver fotos da actividade. 

Xa están colgadas as fotos do Antroido e doutras actividades levadas a cabo no centro.



 

blog | by Dr. Radut