Skip to Content

Temporal en Santa María do Castro

 

A madrugada do 14 de xaneiro sorpredeunos a todos un forte temporal que deixou destrozos no noso colexio.  O  pavillón de deportes sufriu serios danos e ocasionou varios desperfectos, caeu unha árbore que impedía o paso, había tellas caídas e obstruíndo os canalóns...  A verdade é que o panorama era desolador.

Á mañá seguinte, a medida que íamos chegando todo o mundo comentaba o medo que pasara a noite anterior debido ao forte vento, aínda que houbo xente que nin se enterou.

Estivemos sen luz toda a mañá e a maioría dos pais decidiu levar aos seus fillos de volta a casa. 

Hoxe venres, volveron a encherse as aulas e pouco a pouco imos voltando á normalidade.

Agora quedará por ver cando volveremos a ter pavillón...

Para que vos fagades unha idea colgamos aquí algunha foto...

Foto do pavillón.

 

Foto do pavillón dende o tellado do colexio.

 

Fotos do interior do pavillón.

 

Foto da árbore caída.



  

blog | by Dr. Radut