PROGRAMA REFÓRZA-T
Enviado por Anónimo o Mar, 02/04/2020 - 21:14O pasado luns 20 de xaneiro comezamos a actividade REFÓRZA-T, un contrato-programa da Consellería de Educación para a mellora do ensino.
Consiste en clases de reforzo para o alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria impartidas pola profesora Iria Pacio, nomeada pola Administración. Prestará apoio directo nas aulas de 5.º e 6.º en horario de mañá e a grupos de alumnos dos catro niveis pola tarde.
Establecerase un contacto permanente cos titores dos nenos participantes para conseguir unha mellora nos resultados académicos e nas dinámicas de traballo. Como coordinadora deste proxecto contamos con Marta Vilasuso, a nosa orientadora.
Carreira A Fraga
Enviado por Anónimo o Ven, 01/24/2020 - 17:54O 5 de Decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou cos centros da contorna na Carreira da Fraga da man do programa Xogade. Foi unha xornada deportiva e lúdica, na que todos demostraron as súas habilidades e gozaron ao aire libre. As AMPAS colaboraron con nós cunha peza de froita fresca e auga. GRAZAS A TODOS/AS!
CELEBRAMOS O NADAL
Enviado por Anónimo o Mar, 01/07/2020 - 20:07Este ano celebramos un nadal moi especial. Ademais das actuacións no cine onde representamos como novidade a obra "El Cascanueces", tivemos a visita especial de Papá Noel. Como tradición sacamos as fotos na árbore da entrada este ano decorada como unha estrela de cine. Deixámosvos unhas fotiños como mostra do moito que gozamos!
OBRA DE TEATRO PARA FOMENTAR A IGUALDADE DENDE O CONCELLO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:26
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:18O pasado luns 25 de novembro celebramos unha emotiva xornada en contra da violencia de xénero cunhas actividades de sensibilización como as que podedes observar a continuación.
HOCKEY
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:05O alumnado de Educación Primaria nas clases de Educación física gozou da compañía de deportistas pertencentes ao clube de Hockey. Aprenderon moito xogando!
VISITA AO CONCELLO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 12:53Durante o primeiro trimestre unha das saídas que se realizaron foi a Visita ao Concello polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria; coincidindo cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIPP A Fraga. Aprendemos un montón!
Samagosteen
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 12:00O pasado 30 de outubro celebramos a festa de Samagosteen no nosos centro. Esta festa como todos os anos une as tradiciónais Halloween, Magosto e Samaín nunha soa celebración. Este ano gozamos dunha merenda agasallo da ANPA que estaba moi boa. Ademais de participar en diferentes xogos populares e adornar as cabazas, o noso alumnado gozou na biblioteca dun "Teatro de Sombras" que nos encantou! Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!
INICIO DO CURSO 2019/2020
Enviado por Anónimo o Mér, 09/04/2019 - 12:49O mércores día 11 de setembro dará comezo un novo curso escolar. O horario será de 9.00 a 14.00.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »