PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS
Enviado por rocio.grana o Xov, 07/04/2024 - 07:59Informamos que xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de admitidos e exluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2024/25.
Prazos:
Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito: 5 e 8 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.
LISTADO PROVISIONAL FONDO LIBROS 2024-2025
Enviado por Anónimo o Lun, 07/01/2024 - 11:33Informamos que xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e exluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2024/25.
Prazos:
- Período de reclamacións á adxudicación provisonal: 2 e 3 de xullo de 2024.
- Publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro: 4 de xullo de 2024.
- Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito: 5 e 8 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.
- Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.
Listaxes provisionais de Fondo Libros
Enviado por Anónimo o Ven, 06/28/2024 - 18:19Informamos que a vindeira semana publicaranse no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e exluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso escolar 2024/25.
LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por Anónimo o Xov, 06/20/2024 - 11:47Xa podedes consultar a listaxe de libros e matarial para o vindeiro curso.
Podedes velo pinchando na imaxe
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 24-25
Enviado por Anónimo o Xov, 06/20/2024 - 07:03Recordamos que o prazo para a formalizaicón da matrícula do curso 2024 - 2025 vai desde o 20 ao 30 de xuño de 2024. Para poder formalizar a matrícula, a documentación necesaria será:
- Anexo III Debidamente cuberto e asinado.
E a documentación necesaria.
O día 24 estaremos en horario de 10:00 a 13:00.
Fondo libros
Enviado por Anónimo o Mar, 05/21/2024 - 08:43No DOG do día 20 de maio de 2024 publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
PRAZOS:
- Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.
DESTINATARIAS/OS:
-
Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.
-
Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.
-
Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-
OPCIÓN RECOMENDADA: Solicitude electrónica en FONDOLIBROS:
-
Formularios para solicitude no centro. Mediante os Anexo I e II.
-
Tramitación en Sede Electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
-
Anexos I e II (impreso coa solicitude e a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
-
Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
-
Certificado ou volante de convivencia.
-
Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
-
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
* Os membros computables que se opoñan a consulta dos datos solicitados, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os documentos xustificativos pertinentes.
Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos
Enviado por Anónimo o Mar, 05/14/2024 - 06:54Hoxe, 15 de mayo, a resolución definitiva de admitidos e non admitidos xa está publicada no taboleiro do
centro, tamén poderá ser consultada con chave 365 na aplicación admisión alumnado.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
O alumnado admitido deberá formalizar a súa matricula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. De non
formalizar a matricula, perderase o dereito á praza obtida.
Listaxe provisional de admitidos e excluídos
Enviado por Anónimo o Mér, 04/24/2024 - 07:10Hoxe, 25 de abril, a resolución provisional de admitidos e non admitidos xa está publicada no taboleiro do centro,
tamén poderá ser consultada con chave 365 na aplicación admisión alumnado. O prazo de reclamacións a
estas listaxes será de cinco días hábiles a partir da súa publicación ante o Consello Escolar do Centro.
A resolución definitiva será publicada o 15 de maio. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de
alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun
mes.
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
O alumnado admitido deberá formalizar a súa matricula na Secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. De non
formalizar a matricula, perderase o dereito á praza obtida.
Admisión alumnado curso 24-25
Enviado por Anónimo o Mér, 02/28/2024 - 13:05O prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2024-2025 irá desde o 1 ao 20 de marzo de 2024.
As solicitudes serán presentadas:
- Preferiblemente de xeito telemático a través da aplicación "admisiónalumnado" e logo presentada na Sede electrónica (para esta opción é preciso ter activa a chave 365 ou certificado dixital).
- Presencialmente, no centro educativo preferiblemente en horario de secretaría: mércores e venres de 12:00 a 14:00 ou luns martes e xoves de 12:00 a 13:00. (Pode vir o impreso cuberto a ordenador ou a man)
No centro podemos entregar o impreso e toda a información que necesitedes sobre o proceso. En caso de dúbida contactade co centro nos teléfonos: 881930070 e 881930071.
Pódese consultar as prazas vacantes do centro pinchando aquí.
As solicitudes deberán vir acompañadas:
- Do DNI de cada proxenitor/a.
- Libro de Familia ou documento acreditativo da idade do alumnado (para 4º de Educación Infantil).
A solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores, agás nos casos de divorcio no que a patria potestade a posúa solo un deles. Nestes casos serán necesario presentar a correspondente resolución xudicial para o seu cotexo polo centro. Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.
Para cubrir a solicitude pódese acceder a aplicación, pinchando en "admisiónalumnado" e no menú lateral pinchando en: solicitudes > admisión> crear. Despois cúbrense os datos e ese documento xerado pode presentarse no centro educativo ou a través da sede electrónica (para este última opción é preciso ter activa chave 365).
Tamén se pode acceder aos formularos pinchando nas seguintes opcións:
Toda a información relativa ao procedemento pode consultarse pinchando aquí.