Admisión alumnado curso 24-25
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria para o curso 2024-2025 irá desde o 1 ao 20 de marzo de 2024.
As solicitudes serán presentadas:
- Preferiblemente de xeito telemático a través da aplicación "admisiónalumnado" e logo presentada na Sede electrónica (para esta opción é preciso ter activa a chave 365 ou certificado dixital).
- Presencialmente, no centro educativo preferiblemente en horario de secretaría: mércores e venres de 12:00 a 14:00 ou luns martes e xoves de 12:00 a 13:00. (Pode vir o impreso cuberto a ordenador ou a man)
No centro podemos entregar o impreso e toda a información que necesitedes sobre o proceso. En caso de dúbida contactade co centro nos teléfonos: 881930070 e 881930071.
Pódese consultar as prazas vacantes do centro pinchando aquí.
As solicitudes deberán vir acompañadas:
- Do DNI de cada proxenitor/a.
- Libro de Familia ou documento acreditativo da idade do alumnado (para 4º de Educación Infantil).
A solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores, agás nos casos de divorcio no que a patria potestade a posúa solo un deles. Nestes casos serán necesario presentar a correspondente resolución xudicial para o seu cotexo polo centro. Nas situacións de violencia de xénero non é necesaria a sinatura do agresor.
Para cubrir a solicitude pódese acceder a aplicación, pinchando en "admisiónalumnado" e no menú lateral pinchando en: solicitudes > admisión> crear. Despois cúbrense os datos e ese documento xerado pode presentarse no centro educativo ou a través da sede electrónica (para este última opción é preciso ter activa chave 365).
Tamén se pode acceder aos formularos pinchando nas seguintes opcións:
Toda a información relativa ao procedemento pode consultarse pinchando aquí.