XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL

Apertura da Praza de América

Recordamos que, co remate das obras da Praza de América, cando o alumnado chegue tarde ou se deba recoller no medio da xornada, debe facerse pola porta da Praza de América. Esta tamén será a entrada para calquera cuestión que se precise realizar no centro. 

As entradas (9:00 horas) e saídas (14:00 horas) do centro seguen sendo pola porta do patio. 

Grazas

Entroido 2024

Hoxe celebramos o Entroido, e saímos polas rúas da vila. Recordade que voltamos ao cole o xoves 15.

Recargade as baterías. 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Entroido 2024

Cros escolar - XOGADE 2024

O pasado venres 2 de febreiro o alumnado de 2º a 6º de Primaria desprazouse á Fraga para celebrar a xornada de Cros escolar organizada pola Secretaria Xeral para o Deporte (XOGADE). A participación foi un éxito.

Álbum: Curso 2023-2024 -> XOGADE - Cros 2024

Entroido 2024 - VENRES

Día da Paz 2024

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día da Paz 2024

Entroido 2024 - XOVES

Entroido 2024 - MÉRCORES

Entroido 2024 - MARTES

RESERVA DE PRAZA

Bo día, familias:

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2024/2025 desexe cursar 1º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.

Pinchando en admisiónalumnado

No menú lateral Solicitudes>Reserva>Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Tamén pode cumplimentar a solicitude de xeito manual empregando o formulario que sigue, entregándose este no centro.

Para descargar o documento preme no ED550A

Un saúdo

Distribuir contido