Actividades no centro
Festival fin de curso
Enviado por Anónimo o Mér, 06/26/2024 - 10:24Día das Letras Galegas
Enviado por Anónimo o Lun, 05/27/2024 - 09:01Este curso celebramos o Día das Letras Galegas adicado a Luisa Villalta:
- Lendo o manifesto
- Cantando unha regueifa
- Facendo entrega e colocando os nomes das aulas
- Bailando unha muiñeira todo o centro á vez e
- Cantando o Himno de Galicia.
Podedes ver aquí algunhas fotos do ben que o pasamos!
Campionato Provincial de Cros
Enviado por Anónimo o Lun, 04/15/2024 - 16:21O venres pasado o alumnado seleccionado na actividade realizada anteriormente foi a Porto do Son, a participar no Campionato Provincial de Cros.
Todos o pasamos xenial e non só iso, temos un terceiro posto na clasificación! Un dos nosos compañeiros volveu cunha medalla!
Aquí tedes algunhas fotos do día
Visita Aspanaes
Enviado por Anónimo o Xov, 04/04/2024 - 09:02Cros escolar - XOGADE 2024
Enviado por Anónimo o Xov, 02/08/2024 - 10:55Felices festas!
Enviado por Anónimo o Xov, 12/21/2023 - 13:17Dende o CEIPP Santa María desexámosvos unhas
FELICES FESTAS!
Recordamos que voltamos ás clases o día 8 de xaneiro.
Pinchando aquí tedes as lecturas recomendadas para este tempo de lecer
Promoción do Rugby
Enviado por Anónimo o Ven, 12/01/2023 - 10:37Durante estas semanas tivemos a visita dos adestradores do Fendetestas, o equipo de Rugby de As Pontes, que estiveron fomentando este deporte nas clases de 2º, 4º e 6º.
Aquí tedes máis información sobre o club.
E neste álbum as fotos dos xogos que fixeron co alumnado
25N Acrosport
Enviado por Anónimo o Mér, 11/29/2023 - 12:36
Nas clases de Educación Física de 5º e 6º tamén quixemos celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero creando palabras con figuras de Acrosport. Seredes capaces de averiguar as palabras?