INFORMACIÓNS PARA O 3º TRIMESTRE
Enviado por Anónimo o Mér, 05/06/2020 - 21:49XORNALILI
Enviado por Anónimo o Mér, 05/06/2020 - 10:12
Para celebrar a Semana da Prensa, elaborouse este vídeo coas aportacións de todos estes marabillosos xornalistas.
Parabéns!!!
ACCESO WEBEX POR PARTE DO ALUMNADO
Enviado por Anónimo o Xov, 04/30/2020 - 17:53
A Consellería de Educación puxo a disposición da comunidade educativa un servizo para poder facer videoconferencias entre mestres e alumnado de forma segura. Pódese acceder a través dun móbil, unha tableta ou un ordenador.
Para utilizalo, debedes seguir uns pasos que veñen moi ben explicados neste videotutorial.
https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&feature=youtu.be
Neste enlace atópanse as instrucións en PDF.
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/manual_usuario_webex_2020.pdf
Vémonos!
AVISO SOBRE A EXCURSIÓN DE 6.º DE PRIMARIA
Enviado por Anónimo o Xov, 04/23/2020 - 10:53O sorteo da tableta posponse ata que pase o estado de alarma. Buscarase unha nova data para a súa celebración. Non tiredes as rifas!
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Xov, 04/23/2020 - 10:22
Con motivo da celebración do Día do Libro, desde Bibliolili propuxéronse moitas actividades nas que podedes participar. Entrade desde aquí.
Os nenos e nenas de 6.º de Educación Primaria crearon unha morea de historias a partir do libro El Club de los Caníbales se zampa a don Quijote. Con estas historias creouse un libro que podedes ver neste enlace.
INFORMACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Enviado por Anónimo o Lun, 04/20/2020 - 10:54
INFORMACIÓN
Aquí poderedes aceder as novas instrucións para o terceiro trimestre.
TITORIAL DE ACCESO Á AULA VIRTUAL
Enviado por Anónimo o Lun, 03/30/2020 - 22:20INFORMACIÓN IMPORTANTE
Enviado por Anónimo o Sáb, 03/28/2020 - 00:32
Segundo as instrucións da Consellería de Educación, a dirección do colexio transmite ás familias o seguinte:
- Informaremos dos resultados da 2.ª avaliación empregando o material de seguimento e observación do alumnado ata o 12 de marzo.
- A publicación das notas desta 2.ª avaliación será a través de abalarMóbil o venres 3 de abril.
- O profesorado continuará enviando a través da aula virtual tarefas para o alumnado ata o 3 de abril, data na que comezan as vacacións de Semana Santa.
- Este curso non se realizará a proba de avaliación diagnóstica en 3.º nin en 6.º de Educación Primaria.
Para rematar, damos as grazas ao alumnado, familias e profesorado pola implicación e o esforzo que supón nestes momentos manter a actividade escolar.
Moito ánimo!
COMUNICACIÓNS A TRAVÉS DA APLICACIÓN abalarMóbil
Enviado por Anónimo o Sáb, 03/21/2020 - 20:33
Informamos que as persoas que aínda non teñan descargada a aplicación abalarMóbil, deberán facelo para poder recibir avisos e notificacións.
As instrucións para descargar e usar abalarMóbil poden consultarse neste enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »