INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Segundo as instrucións da Consellería de Educación, a dirección do colexio transmite ás familias o seguinte:

  • Informaremos dos resultados da 2.ª  avaliación empregando o material de seguimento e observación do alumnado ata o 12 de marzo.
  • A publicación das notas desta 2.ª avaliación será a través de abalarMóbil o venres 3 de abril.
  • O profesorado continuará enviando a través da aula virtual tarefas para o alumnado ata o 3 de abril, data na que comezan as vacacións de Semana Santa.
  • Este curso non se realizará a proba de avaliación diagnóstica en 3.º  nin en 6.º  de Educación Primaria.

Para rematar, damos as grazas ao alumnado, familias e profesorado pola implicación e o esforzo que supón nestes momentos manter a actividade escolar.

       Moito ánimo!