INFORMACIÓNS PARA O 3º TRIMESTRE

Prema na imaxe para ver o contido con máis detalle.

XORNALILI

 

Para celebrar a Semana da Prensa, elaborouse este vídeo coas aportacións de todos estes marabillosos xornalistas.

 

Parabéns!!!

 

ACCESO WEBEX POR PARTE DO ALUMNADO

 

 

A Consellería de Educación puxo a disposición da comunidade educativa un servizo para poder facer videoconferencias entre mestres e alumnado de forma segura. Pódese acceder a través dun móbil, unha tableta ou un ordenador.

Para utilizalo, debedes seguir uns pasos que veñen moi ben explicados neste videotutorial.

https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&feature=youtu.be

Neste enlace atópanse as instrucións en PDF.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/manual_usuario_webex_2020.pdf

 

Vémonos!

HEROES AND HEROINES

AVISO SOBRE A EXCURSIÓN DE 6.º DE PRIMARIA

O sorteo da tableta posponse ata que pase o estado de alarma. Buscarase unha nova data para a súa celebración. Non tiredes as rifas!

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

 Con motivo da celebración do Día do Libro, desde Bibliolili propuxéronse moitas actividades nas que podedes participar. Entrade desde aquí.

Os nenos e nenas de 6.º de Educación Primaria crearon unha morea de historias a partir do libro El Club de los Caníbales se zampa a don Quijote. Con estas historias creouse un libro que podedes ver neste enlace.

INFORMACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

 

INFORMACIÓN

 

Aquí poderedes aceder as novas instrucións para o terceiro trimestre.

INSTRUCIÓNS PROVISIONAIS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

TITORIAL DE ACCESO Á AULA VIRTUAL

 

 Preme na imaxe para o acceso ao titorial.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

Segundo as instrucións da Consellería de Educación, a dirección do colexio transmite ás familias o seguinte:

  • Informaremos dos resultados da 2.ª  avaliación empregando o material de seguimento e observación do alumnado ata o 12 de marzo.
  • A publicación das notas desta 2.ª avaliación será a través de abalarMóbil o venres 3 de abril.
  • O profesorado continuará enviando a través da aula virtual tarefas para o alumnado ata o 3 de abril, data na que comezan as vacacións de Semana Santa.
  • Este curso non se realizará a proba de avaliación diagnóstica en 3.º  nin en 6.º  de Educación Primaria.

Para rematar, damos as grazas ao alumnado, familias e profesorado pola implicación e o esforzo que supón nestes momentos manter a actividade escolar.

       Moito ánimo!

COMUNICACIÓNS A TRAVÉS DA APLICACIÓN abalarMóbil

Resultado de imagen de imaxe abalar móbil

 

Informamos que as persoas que aínda non teñan descargada a aplicación abalarMóbil, deberán facelo para poder recibir avisos e notificacións.

As instrucións para descargar e usar abalarMóbil poden consultarse neste enlace.

Distribuir contido