Os días 31 de maio e 01 de xuño tivo lugar no noso centro o I Campionato de Campo a Través "Santa Eulalia de Dumbría". Aquí vos deixamos unhas fotos das probas:
Noraboa campións!
Os días 31 de maio e 01 de xuño tivo lugar no noso centro o I Campionato de Campo a Través "Santa Eulalia de Dumbría". Aquí vos deixamos unhas fotos das probas:
Noraboa campións!
O alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría asistiu aos Cines "A Xunqueira" de Cee para ver a película "Frozen 2" o 13 de decembro de 2019.
A través do Concello de Dumbría, todo o alumnado do CEIP Santa Eulalia de Dumbría iniciouse no mundo da Robótica. Foi unha actividade que tivo lugar ao longo dos meses de abril e maio nos recreos do comedor.
Este curso o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tivo unha nova oportunidade para iniciarse e perfeccionarse en actividades náuticas.
No segundo trimestre fomos ás Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galiza. Durante a visita realizamos un percorrido polas súas instalacións, aprendemos os produtos que chegaron ás nosas terras despois do descubrimento de América, prantamos sementes, texemos e xogamos no seu xardín.
A Semana da Prensa estivo cargada de actividades con xornais locais e autonómicos, en formato papel así como dixital. Pero sen dúbida, o que máis nos gustou foi recibir a visita da poetisa, presentadora de TV, guionista...Yolanda Castaño!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |