COVID-19

Estimadas familias:

Premendo aquí poderán consultar as instrucións publicadas no día de hoxe por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e da Universidade e da Consellería de Sanidade con respecto a recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023 

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

TRANSPORTE - MÁSCARAS

Comunícaselles que mantense a obrigatoriedade de empregar máscaras no autobús.

MENÚ SETEMBRO - IMPRESOS COMEDOR

Para ver o menú de setembro pinchar aquí

Recordamos que para ser usuario do servizo de comedor deberán entregar no centro debidamente cuberto o Anexo II antes do 07 de setembro.

Tamén recordar que o prazo para entregar a documentación coa finalidade de ser colaborador do comedor no presente curso estará aberto ata o 07 de setembro.

INICIO CURSO 2022/2023

Estimadas familias:

Segundo a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023, a impartición efectiva das clases e funcionamento do comedor comezará o día 08 de setembro.

Recordamos que nos meses de setembro e xuño, o horario será de 09.30 a 14.30 horas co servizo de comedor de 14.30 a 15.15 horas.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

CONTACTO MES DE AGOSTO

Pola presente comunicamos que aquelas persoas que desexan contactar co centro educativo no mes de agosto poderán facelo vía correo electrónico:

ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

 

DATAS PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL

Pola presente comunicámoslles que o próximo 11 de xullo publicarase a listaxe provisional de axudas de libros de texto e material para o alumnado de Educación Primaria do vindeiro curso 2022-2023.

As vías para a consulta desta listaxe serán as seguintes:

  • Realizar chamada ao centro (881880654).
  • Enviar correo electrónico ao ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
  • Acudir ao centro no horario indicado para o mes de xullo.
  • Entrando en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e posteriormente no menú "Cidadáns".

Poderase reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A listaxe definitiva publicarase o 22 de xullo.

Os vales, tanto para libros como para material, poderanse recoller no centro os días 26 ao 27 de xullo. O horario será o indicado no mes de xullo.

Poden consultar a lista de libros de texto para o curso 2022/2023 premendo aquí

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO - MES DE XULLO

Estimadas familias:

O horario do centro no mes de xullo será o seguinte:

  • Luns: 9.30-13.30
  • Martes: 9.30-13.30
  • Mércores; 10.45-13.15
  • Xoves: 9.30-13.30
  • Venres; 10.45-13.15

O xoves, 07 de xullo, o colexio permanecerá pechado.

Poderán facer calquera consulta enviando un correo electrónico ao ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Pola presente comunicamos que o Plan Dixital de Centro foi aprobado no día de onte, 30 de xuño, polo Consello Escolar.

 

REVISTA "COUSIÑAS"

 

Premendo aquí poderán ver a revista "Cousiñas" do curso 2021/2022 (premer en "descargar" e posteriormente en "descargar de todos modos")

RECOLLIDA HISTORIAIS ACADÉMICOS ALUMNADO 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

Pola presente comunicamos que mañá, xoves 30 de xuño, poderán recoller os historiais académicos do alumnado de 6º de Educación Primaria en horario de 11.00 a 12.00 horas.

Atentamente, 

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet