Estimadas familias:
A Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/2021 da seguinte maneira:
- O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
- O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO