O luns 14 de outubro tivemos a visita dun contacontos proposta polo Concello de Dumbría.
Asistiu todo o alumnado do centro:
O luns 14 de outubro tivemos a visita dun contacontos proposta polo Concello de Dumbría.
Asistiu todo o alumnado do centro:
Estimadas familias:
Pola presente comunícaselles que segundo a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/2025, as clases e o servizo de comedor comezarán o 11 de setembro.
Recordamos que nos meses de setembro e xuño o horario das clases será de 09.30 a 14.30 horas e o servizo de comedor de 14.30 a 15.15 horas.
O centro no mes de agosto permanecerá pechado. Aquelas persoas que queiran contactar co centro educativo ou presentar documentación poderán facelo a través do correo electrónico do colexio: ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal
O centro volverá a abrir a partir do 2 de setembro, de 9.00 a 14.00 horas.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
Para ver a guía de lectura para o verán premer aquí
O mércores 19 de xuño o alumnado de 3º/4º/5º/6º asistiu ao evento "Toponimízate" no Centro Social do Concello de Dumbría.
O alcalde do Concello de Dumbría, Raúl González Lado, o secretario xeral da Lingua, Valentín García e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, recoñeceron o traballo do autor Modesto García Quintáns, tras realizar unha donación de 8000 microtopónimos de Dumbría que se incorporaron á plataforma Galicia Nomeada.
Durante o evento, o alumnado do centro entregoulle unha serie de traballos e debuxos a Modesto García Quintáns.
Os gañadores do último concurso de baile foron...
Estimadas familias:
Pola presente comunícaselles que mañá, 04 de xulllo, publicarase a listaxe provisional de axudas de libros (1º/2º de primaria), fondo libros (3º/4º/5º/6º de primaria) e material escolar (1º/2º/3º/4º/5º/6º de primaria) para o curso 2024-2025 das familias que entregaran a solicitude de participación no prazo establecido.
As vías para consultar esta listaxe serán as seguintes:
Poderase realizar reclamacións á listaxe provisional nos dous días seguintes á publicación da mesma.
A listaxe definitiva publicarase o 11 de xullo.
A recollida de vales no centro para axudas de libros (1º/2º de primaria) e material escolar (1º/2º/3º/4º/5º/6º de educación primaria) será os días 15, 16 e 17 de xullo no horario indicado nesta páxina web para o mes de xullo.
Poden consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025 premendo aquí.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |