Podedes disfrutar do vídeo seguindo o enlace de facebook situado na marxe esquerda da páxina!
CAMPO A TRAVÉS - FASE COMARCAL
O venres 25 de xaneiro participamos na fase comarcal de Campo a Través en Cee:
RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Estimadas familias:
O prazo de reserva de praza dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria que o próximo curso 2023/2024 estea nun centro de educación secundaria, estará aberto desde o 16 de xaneiro ata o 06 de febreiro.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear” na aplicación admisiónalumnado Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación). -
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
COMEZO DAS CLASES 2º TRIMESTRE
Estimadas familias:
Comunicámoslles que as clases reanudaranse o 09 de xaneiro.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
FELICITACIÓN DE NADAL - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Para ver a felicitación de Nadal premer aquí
ACTUACIÓNS FESTIVAL DE NADAL
Para ver a actuación de Educación Infantil A premer aquí
Para ver a actuación de Educación Infantil B premer aquí
Para ver a actuación de 1º/2º de Educación Primaria premer aquí
Para ver a actuación de 3º/4º de Educación Primaria premer aquí
Para ver a actuación de 3º/4º de Educación Primaria (Titoría) premer aquí
Para ver a actuación de 5º/6º de Educación Primaria premer aquí
Nota: haberá que pulsar a opción "descarga" para visualizar o vídeo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »