Os nenos/as de Infantil recibiron a visita do Teatro do Andamio no colexio e vimos a obra A VERDADEIRA HISTORIA DOS 3 PORQUIÑOS E O LOBO. Quedaron encantados e algún peque un pouco asustado polo lobo ! .
O día da festa houbo unha exposición de máscaras, comemos doces que fixeron as familias (moitas grazas pola colaboración, estaba todo riquísimo), houbo desfile dos pequenos no salón de actos e actuación no patio.