Hoxe asistimos a outro contacontos e, para a nosa sorpresa, a persoa que o contaba era a mamá de Ciro, un alumno de 5º de infantil. Contounos dous contos e cantamos unha canción. Pasámolo moi ben!!!
Este ano no colexio vaise celebrar o Entroido Galego. En infantil imos de VOLANTES, típico da zona de Chantada. Para elaborar o disfraz contamos coa colaboración das familias. Mirade canto traballaron os nosos papás/mamás.
Unha das actividades que tivemos no centro para celebrar as Letras Galegas foi a visita dun oleiro de Buño. A actividade resultou moi interesante e divertida para os pequenos de infantil.
Para celebrar a semana do libro; tivemos un contacontos moi especial Iago López, que veu contar aos nenos/as de infantil o conto "O aprendiz de home do saco", de Antonio Reigosa. Estiveron moi atentos ao conto e foi moi divertido! .