Skip to Content

Novas

ASAMBLEA ANPA "AS PEDREIRAS"

O VINDEIRO MÉRCORES 24 DE MAIO ÁS 16:30 TERÁ LUGAR UNHA ASAMBLEA ORDINARIA DO ANPA "AS PEDREIRAS".

MÁIS INFORMACIÓN PINCHA AQUÍ

UNIFORME Y CHANDAL

INFÓRMASE AOS SOCIOS DA ANPA QUE SEGUNDO ,APROBACIÓN NA ASAMBLEA XERAL, A TENDA "EL UNIFORME"(C/PINTOR JOAQUÍN VAAMONDE) Y DEPORTES CIMÁNS SON OS NOVOS PROVEEDORES DE UNIFORMES E CHÁNDALES DO COLEXIO

REUNIÓN DA ANPA

O VINDEIRO MÉRCORES 5 DE XUÑO TERÁ LUGAR A REUNIÓN DA ANPA NO CENTRO EN HORARIO DE 5 h. A 6 h. DA TARDE.

ALBUM DIGITAL

A ANPA CHEGOU A UN ACORDO COA EMPRESA HOFMANN PARA A FABRICACIÓN ÁLBUMES DIXITAIS DE FOTOGRAFÍAS.

OS INTERESADOS PODEDES DECARGAR O PROGRAMA NO SEGUINTE ENLACE. PREMER NA FOTO.

NO CASO DE PEDIR CÓDIGO DE REXISTRO  POÑER 411013

VAISE CONFECCIONAR UN DE MOSTRA COAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO COLEXIO QUE DESPOIS PÓDESE ADQUIRIR DE MANEIRA VOLUNTARIA

INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O UNIFORME (RENOVADA)

A ANPA "As Pedreiras" do noso colexio e a tenda Hüidige chegaron a un acordo para para proveer de xeito exclusivo a todo o alumnado das prendas que compoñen o uniforme. Nos documentos que se achegan tedes toda a información sobre prezos e promocións.

CONCURSO DE CONTOS

A Asociación de veciños e a Biblioteca Municipal dos Rosais vén de convocar un concurso de contos para rapaces e rapazas. No arquivo que se achega a esta nova tendes toda a información.

MOSTRA DO ENSINO DE GALICIA 2012

Achegamos información da Mostra do Ensino 2012 que terá lugar na Coruña (EXPO CORUÑA) entre os días 11, 12, 13 e 14 de abril, organizada pola Consellería de Educación e que ten como finalidade difundir as posibilidades educativas e formativas dos nosos fillos.

A entrada á zona de exposición é libre todos os días. En canto ao Congreso, estrutúrase en catro xornadas; as 3 primeiras (días 11, 12 e 13) están destinadas ao profesorado que ten que realizar a sua inscripción. A última xornada (día 14) é de portas abertas; non é preciso realizar ningunha inscripción e vai dirixida a pais e nais, comunidade educativa e a sociedade en xeral.

CONFAPA-GALICIA terá un stand a súa disposición, no que as Federacións Provinciáis e a propia CONFAPA amosarán aos visitantes, e poñerán a súa disposición, materiais relacionados co seu traballo e o facer das ANPA.

Club de Ciencia e Investigación no Ágora

O vindeiro 29 de xaneiro a Biblioteca Ágora abrirá, por fin, as súas portas.

Por iso, queren darlle difusión a un dos programas que se porán en marcha desde a primeira semana: o Club de Ciencia e Investigación. É unha actividade quincenal dirixida a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos, na que se pretende (a través de xogos, obradoiros, visitas, etc.) potenciar o interese e gusto pola ciencia, o método científico, o gusto pola lectura, a busca de información veraz, etc. A temática deste ano xirará en torno á paleontoloxía e a criptozoolóxía e terá lugar cada dous mércores a partir do 1 de febreiro.

No arquivo adxunto está o tríptico con toda a información.

CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE NENOS DE GALICIA

O vindeiro día 15 de decembro remata o prazo para apuntarse a este concerto. Para inscirbirse hai que ir á páxina de educación do concello: http://www.edu.coruna.es. Para asistir abonda con imprimir o comprobante onde consten todas as persoas que van ir.

O concerto celebrarase no teatro Colón e será de balde. Aínda así, á entrada haberá unha urnas para, quen o desexe, poida facer unha achega de 2 euros para a Cociña Económica da cidade.

A Orquestra interpretará obras de Purcell, Bach, Holst e Sibelius. Unha delicia.

FESTA FIN DE CURSO

 


FESTA FIN DE CURSO NO CEIP SAN PEDRO DE VISMA


A ANPA do CEIP San Pedro de Visma, en colaboración co Centro, organizaron unha festa fin de curso, o mércores 22 de xuño como remate do curso académico 2010/2011.















GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN  
FELICES VACACIÓNS.  

    

Distribuir contido


by Dr. Radut