O vindeiro 29 de xaneiro a Biblioteca Ágora abrirá, por fin, as súas portas.
Por iso, queren darlle difusión a un dos programas que se porán en marcha desde a primeira semana: o Club de Ciencia e Investigación. É unha actividade quincenal dirixida a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos, na que se pretende (a través de xogos, obradoiros, visitas, etc.) potenciar o interese e gusto pola ciencia, o método científico, o gusto pola lectura, a busca de información veraz, etc. A temática deste ano xirará en torno á paleontoloxía e a criptozoolóxía e terá lugar cada dous mércores a partir do 1 de febreiro.
No arquivo adxunto está o tríptico con toda a información.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AF TRIPTICO CCI.pdf | 240.61 KB |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |