Dinamización de Medio ambiente
O equipo de dinamización de medio ambiente está composto polos seguintes membros:
Canosa Pasantes, Fabián. (coordinador Proxecto Voz Natura C/315)
Cascón Bravo, María Concepción.
Gallego Revaldería, Xulio, (coordinador).
García Prado, José Luis.
López Castro, Carolina.
Vázquez Moreira, Laura.
Os obxectivos tratarán de acadarse procurando a maior participación posible dos nenos nas tarefas cotiás do coidado do horto, respecto do entorno e hábitos de vida e alimentación saudables.
·
Facilitar a creación de lazos afectivos co mundo natural e o entorno próximo.
·
Descubrir as nosas interrelacións e dependencias co medio natural e os seus elementos (biocenose e medio físico).
·
Fomentar o respecto pola terra como fonte de vida e desenrolar o interese por non degradala.
·
Coñecer os sistemas agrícolas e valorar o desenrolo tecnolóxico necesario para a satisfacción das nosas necesidades alimenticias.
·
Investigar e descubrir as implicacións do noso modo de vida na problemática ambiental (técnicas de cultivo impactantes, erosión, deforestación…).
·
Valorar a importancia do consumo de alimentos frescos e saudables, cultivados con respecto ao medio ambiente; fronte a modos de consumo desequilibrados e despilfarradores.
·
Familiarizarse co traballo físico e o esforzo, desenvolvendo o sentido de responsabilidade e compromiso na xestión do horto.
·
Fomentar actitudes cooperativas a través do traballo en grupo para planificar as actividades, organizar as labores do horto...
·
Concienciar sobre un modo de vida sustentable e sobre o uso dos residuos que xeneramos.
·
Adoptar accións no uso de residuos que favorezan a saúde do planeta.
·
Concienciarse da importancia de preparar e aboar o terreo de maneira respectuosa co medio ambiente para obter un bo rendemento nas colleitas.
·
Colaborar coas demais dinamizacións do colexio.
Actividades
·
Setembro a xuño : Alimentación e coidado das galiñas, observación e seguimento do traballo das miñocas e recollida do material que producen para adubo da horta.
Reparto os luns de froita para as merendas saudables de todo o alumnado.
Limpeza e mantemento dos espazos adicados a horta e xardín dos sentidos.
Organización dos grupos de ecovoluntarios para a recollida de residuos e traballos voluntarios no tempo de lecer de galiñeiro, aromáticas, morteiros, rego, obras e invernadoiro.
Recollida de material inorgánico e limpeza de zonas comúns e contorna. (Voz Natura).
·
Setembro - outubro 2018: Reparto de materiais por aulas. Elaboración de carteis de separación de residuos e carteis identificativos para a recollida selectiva. Campaña de uso de material reutilizable para gardar as merendas. (Voz Natura).
Plantación de cultivos de inverno: repolo, brócoli, coliflor, romanesco…
·
Outubro 2018 : Elaboración de carteis de separación de residuos e carteis identificativos para a recollida selectiva. Campaña de uso de material reutilizable para gardar as merendas. Colocación de niños.
·
Novembro 2018 : Elaboración dun banco de sementes. Limpeza do rego que limita o colexio e preparación das zonas de charca para anfibios e de barro para andoriñas.
Elaboración dos hoteis de insectos en Educación Infantil.
Construcción da balea para encher co plástico recollido e non reutilizable.(Voz Natura).
·
Decembro 19/ marzo / xuño 2020: Actividade conxunta de compactación de plástico nas pistas do colexio. ( Voz Natura).
·
Novembro 19 a xuño 2020 : Elaboración de materiais, a partir de plásticos recollidos e reutilizables, para Educación Física e Dinamización de patios. ( Voz Natura).
·
Xaneiro 2019: Recollida cultivos de inverno. Plantación de leguminosas e amorodos.
·
Febreiro a xuño 2019 : Formación de morteiros e trasplante de plantas coma leituga, acelga, allo-porro, etc. Plantación de aromáticas e suculentas.
·
Febreiro 2019: Recollida de materiais plástico para compactar ou darlle novos usos.
·
Marzo 2019: Construción da charca de anfibios e da biocenose de anfibios e réptiles no interior do colexio.
·
Marzo – abril 2019: Plantación de aromáticas.
·
Abril 2019: Coidado intensivo da horta por clases. Propostas de receitas cos productos da horta. Propostas de usos das plantas do xardín dos sentidos.
Exposición de materiais de xogo elaborados con plástico recuperado.
·
Maio - xuño 2019 : Recollida e reparto para cada alumno participante dos froitos da horta. Reflexión sobre o traballo realizado a través de expresión plástica.
·
Novembro 19 a xuño 2020: Voz Natura: Obradoiros martes de 5 a 6 de elaboración de materiais a partir de plásticos recollidos e reutilizables:
Macetas
Materiais de Educación Física.
Xogos para a dinamización de patios.
Cestos para recollida de productos da nosa horta.
Metodoloxía.
Búscase a implicación dos alumnos e familias a través da participación de ecovoluntarios, grupos de traballo para cada tarefa/espazo e os obradoiros para familias polas tardes.
As actividades baséanse na actuación directa, relacionadas co entorno e con implicacións directas na vida e hábitos dos nenos e familias.
Para a financiación das actividades contamos coa colaboración de "Ayuda en Acción" e participamos no programa Voz Natura co Proxecto C/222.
Avaliación.
Ao longo do curso nas reunión de dinamización valoramos resultados, tempos adicados, a temporalización das actividades e cumplimento de prazos previstos e recursos.
Ao remate do segundo trimeste faise una memoria do proxecto Voz Natura e ao remate do curso una memoria do traballo da dinamización e propostas de mellora.
Proxecto Voz Natura 2019/20
TÍTULO : Bótalle unha man ao planeta.
1.
Xustificación do proxecto.
“Think globally, act locally”:Pensar a nivel global, actuar a nivel local.
A saúde do planeta no seu conxunto depende de pequenas accións en cada comunidade.
Un dos problemas do planeta é a constante e crecente produción de residuos e que facer con eles.
No noso colexio pretendemos axudar a minorizar a produción de residuos onde apareza o plástico en calquera das súas presentacións. Temos xa unha experiencia ampla no reciclado dos residuos orgánicos que producimos a través de recollida en composteiros e utilizamos as nosas galiñas e miñocas para darlles un aproveitamento a moitos dos restos orgánicos que producimos.
Cos residuos inorgánicos que se xeneran polos envoltorios das merendas e actividades escolares pretendemos reducilos ao máximo posible, darlle novs usos aos que se poida e nos demais compactalos para que a súa pegada no medio sexa a menor posible.
Actuaremos en varias fases que nalgún caso estarán solapadas no tempo.
1ª fase: Concienciación e limpeza do entorno de plásticos e residuos inorgánicos.
2ª fase: Recollida e selección.
3º fase: Novos usos, reciclado, construcción de materiais para Educación Física, xogos de patio, elaboración de maquetas alusivas dos efectos do plástico no medio, nos peixes, nos mamíferos acuáticos…
4º fase: Compactación do material plástico ao que non podamos dar un novo uso para un aforro no seu tratamento e transporte.
Para levar a cabo todo contamos cos grupos de ecovoluntarios que veñen funcionando dende cursos atrás no colexio. Eles en colaboración coas titorías farán a labor de mentalización.
Os país e nais serán invitados a participar no proxecto en obradoiros que se realizarían os martes pola tarde ao longo do curso.
Calendario de execución e actividades:
Setembro a xuño : Recollida de material inorgánico e limpeza de zonas comúns e contorna.
Setembro - outubro 2019: Reparto de materiais por aulas. Elaboración de carteis de separación de residuos e carteis identificativos para a recollida selectiva. Campaña de uso de material reutilizable para gardar as merendas.
Novembro 2019 : Construcción da balea para encher co plástico recollido e non reutilizable.
Decembro 19/ marzo / xuño 2020: Actividade conxunta de compactación de plástico nas pistas do colexio.
Novembro 19 a xuño 2020 : Elaboración de materiais, a partir de plásticos recollidos e reutilizables, para Educación Física e Dinamización de patios.
Novembro 19 a xuño 2020 : Obradoiros martes de 5 a 6 de elaboración de materiais a partir de plásticos recollidos e reutilizables:
-
Macetas
-
Materiais de Educación Física.
-
Xogos para a dinamización de patios.
-
Cestos para recollida de productos da nosa horta.