Dinamización de Medio ambiente. Curso 2021/2022
O equipo de dinamización de medio ambiente está composto polos seguintes membros:
Dna. Eva Blanco Fernández.
D.Fabián Canosa Pasantes (coordinador do proxecto de Voz Natura).
Dna María Concepción Cascón Bravo.
Dna. Diana Freire Casalderrey.
D. Xulio Gallego Revaldería (coordinador).
D. José Luís García Prado.
Dna. Cristina de la Iglesia Soriano.
Os obxectivos están condicionados pola situación excepcional de pandemia vivida no último curso e tendo en conta o protocolo sanitario para o presente curso. Os obxectivos tratan de procurar a maior participación posible dos nenos e as familias nas tarefas cotiás do coidado do horto, respecto e mellora da contorna (tema central do proxecto Voz Natura deste curso) e dos hábitos de vida e alimentación saudables:
· Facilitar a creación de lazos afectivos co mundo natural e a contorna próxima.
· Descubrir as nosas relacións e dependencias co medio natural e os seus elementos (biocenose e medio físico).
· Fomentar o respecto pola terra como fonte de vida e desenrolar o interese por non degradala.
· Coñecer os sistemas agrícolas e valorar o desenrolo tecnolóxico necesario para a satisfacción das nosas necesidades alimenticias.
· Investigar e descubrir as implicacións do noso modo de vida na problemática ambiental (sostibilidade das técnicas de cultivo, erosión, deforestación…).
· Valorar a importancia do consumo de alimentos frescos e saudables, cultivados con respecto ao medio ambiente; fronte a modos de consumo desequilibrados e non sostibles.
· Familiarizarse co traballo físico e o esforzo, desenvolvendo o sentido de responsabilidade e compromiso na xestión do horto.
· Fomentar actitudes cooperativas a través do traballo en grupo para planificar as actividades, organizar as labores do horto...
· Concienciar sobre un modo de vida sustentable e sobre o uso dos residuos que xeramos.
· Adoptar accións no uso de residuos que favorezan a saúde do planeta.
· Concienciarse da importancia de preparar e fertilizar o terreo de maneira respectuosa co medio ambiente para obter un bo rendemento nas colleitas.
· Actuar coordinadamente coas demais dinamizacións do colexio.
Actividades
Setembro a xuño :
Programa “residuos cero” promovido polo profesorado de Educación Física para promover hábitos saudables e de respecto ao medio natural.
Reparto os luns de froita para as merendas saudables de todo o alumnado e recollida dos restos orgánicos que producen para fertilizar a horta.
Alimentación e coidado das galiñas, observación e seguimento do traballo das miñocas.
Limpeza e mantemento dos espazos adicados a horta e xardín dos sentidos.
Organización dos grupos de ecovoluntarios para a recollida de residuos e traballos voluntarios no tempo de lecer de galiñeiro, aromáticas, morteiros, rego, obras e invernadoiro.
Colaboración con outras dinamizacións para preparar e realizar as actividades do proxecto común do centro: “As Olimpiadas” e do proxecto de Voz Natura.
Exposición do golfiño “comeplástico” como alegoría do problemas do plástico no planeta.
· Setembro - outubro 2021: Reparto de materiais por aulas. Preparación de morteiros para cultivos. Organización dos grupos de voluntarios e das familias de horta.
Plantación de cultivos de inverno e de sementes por aulas.
· Outubro/novembro 2021 : Elaboración dun banco de sementes. Limpeza do rego que limita o colexio e preparación das zonas de charca para anfibios e de barro para andoriñas.
· Novembro/decembro 2021: Plantación de leguminosas e amorodos.
· Xaneiro a xuño 2022 : Formación de morteiros e trasplante de plantas coma leituga, acelga, allo-porro, flores, aromáticas, etc.
· Febreiro/marzo 2022: Construción da charca de anfibios e da biocenose de anfibios e réptiles no interior do colexio. Plantación de bulbos por aulas.
Colocación dos hoteis de insectos.
· Marzo – xuño 2022: Limpeza da zona de aromáticas engadindo novas plantas.
· Abril 2022: Coidado intensivo da horta por clases. Propostas de receitas cos productos da horta. Propostas de usos das plantas do xardín dos sentidos.
· Abril - xuño 2022 : Recollida e reparto para cada alumno participante dos froitos da horta. Preparación de produtos ecolóxicos a partir da colleita da horta: aceites, xabróns, ramos ornamentais, bolsas antipolilla, bolsas de aroma, etc.
Reflexión sobre o traballo realizado a través de expresión plástica.
· Outubro 2021 a xuño 2022: Obradoiros de horta e invernadoiro con familias colaboradoras de horto por grupos de aula.
Metodoloxía.
Búscase a implicación dos alumnos e familias a través da participación de ecovoluntarios, grupos de traballo por niveis para cada tarefa/espazo e os obradoiros para familias polas tardes.
As actividades baséanse na actuación directa, relacionadas coa contorna e con implicacións directas na vida e hábitos dos nenos e familias.
Para a financiación das actividades solicitamos a colaboración de "Ayuda en Acción" e participamos no programa Voz Natura co Proxecto C/383 financiado con 490 euros.
Neste curso contamos cunha financiación especial de 2000 euros da dotación do Premio Provincial Voz Natura 2020/21 conquerido polo proxecto “Plantando o Camiño” do curso anterior.
Avaliación.
Ao longo do curso nas reunión de dinamización valoramos resultados, tempos adicados, a temporalización das actividades e cumplimento de prazos previstos e recursos.
Ao remate do segundo trimeste faise una memoria do proxecto Voz Natura e ao remate do curso una memoria do traballo da dinamización e propostas de mellora.
Proxecto Voz Natura C/383. Curso 2021/2022: O ecosistema do San Pedro de Visma
No CEIP San Pedro de Visma lévanse desenvolvendo diferentes proxectos medio ambientais nos últimos anos. Este curso, no que cumpre 25 anos Voz Natura, apostamos por seguir cos proxectos inciados e darlle máis valor e tempo. Polo que o obxectivo principal vai a ser poñer en valor o que temos no colexio e promovelo dun xeito que o alumnado se identifique ainda máis co proxecto do centro. A modo de resumo seguiremos apostando polas seguintes accións e actividades para marcar a nosa seña de identidade:
- Coidado das galiñas
- Mantemento do "Camiño dos Sentidos" (zona aromáticas)
- Mantemento do Camiño de Santiago: decorado con flores e sinais.
- Recreos con alimentación saudable e residuos 0. Creación de compost.
- Mantemento de bancais e plantacións de productos de tempada todo o curso.
- Concienciar o alumnado do coidado do medio ambiente.
- Creación dunha charca para anfibios.
Financiación da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre: 490 €
Material de ferretería para hortos: 200 €
Material de xardinaría: 200 €
Material funxible e papelería: 90 €
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |