Skip to Content

4º-VISITA Á BIBLIOTECA

Onte fomos facerlle unha visitiña ao noso amigo Ole. Que quen é Ole? É un paxaro que vive nunha biblioteca municipal, na dos Rosais. Amosounos como é a súa casa (unha árbore dentro da biblio!) e leunos uns cantos libros. 

4º-COMENDO MEDOS NO MUSEO

O pasado mércores visitamos o MACUF. Alí, ademais de vermos moitas obras de arte, tamén aprendemos a superar os medos coméndoos. Que como comemos os medos? Pois converténdoos en chocolate e engulíndoos. Así de sinxelo. Botade unha ollada as fotos e os vídeos para ver o que fixemos.

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, é o Día do Libro e, por iso, a biblioteca do colexio preparou unha fantástica iniciativa. Botádelle unha ollada no seu blog: Ollos e mans que len.


INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O UNIFORME (RENOVADA)

A ANPA "As Pedreiras" do noso colexio e a tenda Hüidige chegaron a un acordo para para proveer de xeito exclusivo a todo o alumnado das prendas que compoñen o uniforme. Nos documentos que se achegan tedes toda a información sobre prezos e promocións.

BECAS DE COMEDOR CONCELLO DE A CORUÑA

O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS DE COMEDOR ESCOLAR DO CONCELLO DE A CORUÑA SERÁ DO 24 DE ABRIL AO 11 DE MAIO ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS.

                       

Máis información da convocatoria no centro cívico municipal e tamén na web www.corunasolidaria.org

(na web a partir da semana que ven).

 

 

CONCURSO DE CONTOS

A Asociación de veciños e a Biblioteca Municipal dos Rosais vén de convocar un concurso de contos para rapaces e rapazas. No arquivo que se achega a esta nova tendes toda a información.

FINA CASALDERREY

A MULTIFACÉTICA FINA CASALDERREY (MESTRA,ESCRITORA,CONFERENCIANTE,ETNÓGRAFA...) VISITOU O NOSO COLEXIO O PASADO 12 DE ABRIL.

SE QUEREDES COÑECER ALGO MÁIS DE ESTA AUTORA PREMEDE NA FOTO.

 

NOVA SECCIÓN DE RECURSOS NA NOSA PÁXINA

Temos unha nova sección na páxina do colexio. Trátase dun apartado de recursos (situado na parte inferior do menú da dereita) onde imos ir colgando ligazóns de interese (programas educativos, xogos en liña, etc.) para que poidades xogar desde a casa. A primeira achega que facemos inclúe seis divertidos xogos para Infantil.

MOSTRA DO ENSINO DE GALICIA 2012

Achegamos información da Mostra do Ensino 2012 que terá lugar na Coruña (EXPO CORUÑA) entre os días 11, 12, 13 e 14 de abril, organizada pola Consellería de Educación e que ten como finalidade difundir as posibilidades educativas e formativas dos nosos fillos.

A entrada á zona de exposición é libre todos os días. En canto ao Congreso, estrutúrase en catro xornadas; as 3 primeiras (días 11, 12 e 13) están destinadas ao profesorado que ten que realizar a sua inscripción. A última xornada (día 14) é de portas abertas; non é preciso realizar ningunha inscripción e vai dirixida a pais e nais, comunidade educativa e a sociedade en xeral.

CONFAPA-GALICIA terá un stand a súa disposición, no que as Federacións Provinciáis e a propia CONFAPA amosarán aos visitantes, e poñerán a súa disposición, materiais relacionados co seu traballo e o facer das ANPA.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Dado que estamos no equinoccio de primavera, hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía. Premede na imaxe para ver o artigo que prepararon no blog da nosa biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut