O día 5 de abril, os alumnos e alumnas de 6º clausuraron a actividade realizada na antiga aldea de San Pedro de Visma coa colaboración da Universidade da Coruña (Facultade de Arquitectura) e a biblioteca Ágora. A actividade leva como título "O límite da cidade" e pódese ver a exposición da mesma na biblioteca Ágora.
Nesta clausura participou Xurxo Souto que, coma sempre, abre o noso mundo a aspectos da cidade que non son tan coñecidos. A costa da Coruña xa case non ten segredos para nós. Grazas Xurxo, eres unha" forsa" da natureza.
Teclea nesta páxina e poderás acceder as conclusións sobre esta actividade: https://olimitedacidade.wordpress.com/
(máis fotos)