Skip to Content

IMPORTANTE: PUBLICACIÓN DE NOTAS FINAIS A TRAVÉS DE ABALAR

Os boletíns de notas da terceira e de avaliación final serán publicados unha vez rematado o período lectivo en cumprimento da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro e da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro.

Os boletíns publicaranse a través de Abalar nas seguintes datas:

Educación Primaria: 25 de xuño a partir das 18:00 horas

Educación Infantil: 26 de xuño a partir das 18:00 horas

Aquelas familias que desexen o boletín en papel deben solicitalo obrigatoriamente por escrito á persoa titora antes do 21 de xuño. O boletín será entregado ao día seguinte da súa publicación en Abalar.

  



blog | by Dr. Radut