Skip to Content

BOLSAS COMEDOR CURSO 2024-25

 

Onte 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

  • Na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor%20para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

  • Na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

  • No teléfono 010 de información cidadán.

Para facilitar a presentación de solicitudes e a resolución de dúbidas sobre a convocatoria, realizaranse sesións informativas nos centros cívicos municipais nas seguintes datas:

  • 24 de abril, mércores, centro cívico Os Mallos ás 18.00 h
  • 25 de abril, xoves, centro cívico Mesoiro ás 20.00 h
  • 26 de abril, venres, centro cívico Monte Alto ás 11.30 h
  • 30 de abril, martes, centro cívico San Diego ás 10.30 h

 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 

 



blog | by Dr. Radut