O Proxecto Semente 2022/23 organizado polo Concello de A Coruña está chegando ao seu fin. Os nenos e nenas de 5ºA e 5ºB levan meses traballando na súas cooperativas, EcoCoruña e Arte Natural, facendo todo tipo de produtos artesáns.
Este venres 19 de maio desde as 16:30 ata as 20:30 horas estes grandes emprendedores e emprededoras estarán, xunto con outros colexios do concello, na Praza de María Pita para vender os seus produtos artesáns nos que levan meses traballando.
Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos convidarvos a todos e todas a achegarvos polos postos da súas cooperativas.
Contamos con vós!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |